Formación

Introducción ó manexo da pizarra dixital eBeam

02/05/2011 15:30
02/05/2011 16:20
Etc/GMT+1

Temos unha nova pizarra dixital instalada na Biblioteca. O profesorado que esté interesado en ver unha pequena introducción ó seu uso e posibilidades pode asistir a unha demostración na Biblioteca o próximo luns as 15:30

Charla: Mediación e Resolución de Conflictos

02/02/2010 16:00
02/02/2010 18:00
Etc/GMT+1

O grupo de traballo de Convivencia organiza unha serie de charlas sobre Mediación e Resolución de Conflictos a cargo de dous profesores do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

A primeira destas charlas terá lugar mañá 2 de febreiro ás 4 da tarde, na aula 110 , no primeiro andar; estades todos convidados a asistir.

Aberto o prazo de matrícula nos cursos sobre Webs Dinámicas

Ó non haber voluntarios para coordinar un grupo de traballo en TIC, comunícase a todo o profesorado interasado en facer un curso sobre administración ou emprego de webs dinámicas que está aberto o prazo de matrícula para os mesmos. Fixarse a hora de matricularse que un curso é sobre administración e outro sobre o uso e a creación de contidos.

Aula Aberta

Está aberto o prazo para matricularse nos cursos sobre Webs Dinámicas que este ano se impartirán a través da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). Podedes acceder á información completa na aplicación de Formación do Profesorado (fprofe) ou directamente nos seguintes enlaces:

Os mesmos cursos estarán dispoñibles en aberto, sen titorización e sen certificación, na Aula Aberta do Proxecto Webs Dinámicas.

 

Distribuir contido