Reclamación ás cualificacións de 2º de bacharelato (Curso 20/21)

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º de bacharelato vén establecido pola Orde de 2 de marzo de 2021 (DOG do 11 de marzo de 2021) e desenvolvido pola Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Os prazos para reclamar son os seguintes:

  • Convocatoria ordinaria: os días 19 e 20 de maio.
  • Convocatoria extraordinaria: os días 24 e 25 de xuño.

A reclamación será presentada no centro educativo e dirixida ao director. Xúntase modelo.

AdxuntoTamaño
Modelo reclamación centro cualif 2ºBac.pdf183.96 KB