Todos nos preguntamos algunha vez na nosa vida; existirá un deus creador de todas as cousas? Finalmente ninguén o descarta, pero ninguén dá cun concepto claro do que iso significa.
Segundo a RAG deus é: “un ser supremo dotado duns atributos ao que se lle rende culto”. Isto último deu máis controversia xa que, por que deberiamos prostrarnos ante el?, é necesaria a relixión? Eu penso que iso é mais cultura e interese, que verdadeira Fe.
Hoxe en día empregamos as novas tecnoloxías en todo momento, dende que nos levantamos ata que nos deitamos e son empregadas por todos, dende adultos ata nenos/as.
O estudo é unha actividade que desenvolvemos, a maioría de nós, por moitos anos das nosas vidas: preescolar, ensino obrigatorio, bacharelato, formación profesional, universidade, linguas, másters, cursos de formación de empresas, permisos de conducir, oposicións, etc._Aínda que destes só os dous primeiros son obrigatorios, sería moi desexable estudar algúns dos outros para estar mellor formado e, polo tanto, ser capaces de debater sobre problemas fundamentais que afectan a todos. Como vemos, ao longo da historia sempre houbo algún farsante que conseguiu aproveitarse das malas condicións da aldea, tanto a nivel material como intelectual, para facerse co poder; por iso temos a obriga de estudar para non deixarnos manipular e poder utilizar o aprendido rigorosamente e solucionar os problemas fundamentais da Nación.
A xuventude , debe aproveitar os avances tecnolóxicos e todas as facilidades que se van creando nesta sociedade para estudar, formarse etc… Isto permitiralle saber máis idiomas, ter máis facilidade á hora de aprender algo, falar cunha linguaxe culta, ter máis vocabulario e conseguir un bo emprego que nos satisfaga e coa finalidade de ser felices.
A sociedade polo que ten que estudar principalmente é polo desexo de saber .
Unha persoa canto máis saiba de calquera tema, mellor vai expresarse á hora de falar, vai poder debater, e vai ser máis complicado que o enganen con calquera cousa.
Dende tempos inmemoriais o home sempre tivo que ir superando os obstáculos que a realidade do seu contorno lle colocaba diante e con máis ou menos fortuna sempre saíu adiante.
Pois ben, para comezar remitireime ao século XIX, co inicio das revolucións obreiras. O proletariado que soportaba unhas condicións laborais terribles: 16 horas de traballo, salarios moi baixos, despidos… Decidiu loitar polos seus dereitos e iniciar un camiño cara a un traballo máis digno e de calidade.
Outro exemplo de loita sería tamén o levado a cabo pola muller. Todos sabemos que ata hai ben pouco a muller non podía votar, nin estudar, nin expresarse libremente, vivía relegada, supeditada á figura dun home ben fora o seu pai, irmán ou esposo.
Hai xa un tempo, comezou a coller cada vez máis forza a afección de coidarse mediante dietas e ximnasio. Suponse bo, por suposto, por fin un novo hobby que consiste en algo tan bo como mellorar a túa calidade de vida a través dunha boa alimentación e exercicio físico. Porén, ata algo como isto convertémolo nun "problema", pois, como ben se di: todo é malo en exceso.
A que me refiro con que é malo? como pode ser isto algo prexudicial dalgún modo? Pois ben, como temos tendencia a facer, fomos convertendo un hábito tan positivo como este en algo que se parece máis ben a unha rivalidade, unha loita por ver quen é mellor cós outros, quen está máis forte, quen leva máis ao límite a dieta, o adestramento, en fin, nunha obsesión.