Xeografía e historia

Visita ao centro arqueolóxico Salinae

O alumnado de 1º da ESO visitou o Centro arqueolóxico Salinae, a única salina romana convertida en museo.

Conferencia de Antonio Giráldez: A orixe do conflito paslestino-israelí.

Hai uns día despedimos o noso profesor Antonio Giráldez. Logo de anos no ensino, chegoulle a tan merecida xubilación. Mais, para finalizar a súa etapa laboral agasallou á comunidade do IES Castelao cunha conferencia sobre as orixes do conflito palestino-israelí. 

Deixamos por aquí o vídeo da interesante charla que impartiu explicando cal é a orixe dun dos conflitos bélicos de máxima actualidade. Ademais, podedes consultar as fotografías da xornada e escoitar a entrevista que deu ao equipo da radio escolar. 

Foi un verdadeiro luxo contar cunha persoa tan polifacética: historiador, escritor, divulgador, profesor... e un dos fundadores do Instituto de Estudos vigueses. Grazas Antonio, pola túa dedicación! 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Despedida Antonio Giráldez

Visita ao Concello de Vigo

O alumando de 2 da ESO visitou, en distintas quendas, as dependencias do Concello de Vigo.

Foron recibidos por distintos concelleiros que lles derin a benvida e lles ensinaron as distintas salas do edificio, dende o salón de plenos, a sala de prensa, as oficinas ou a sala de cámaras de seguridade. Toda unha boa experiencia para coñecer como se organiza a nosa cidade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita saída ao Concello

Visita á exposición Vigo no tempo

O alumnado de 4º da ESO visitou a exposición Vigo no tempo. Os participantes puideron descubrir a evolución da súa cidade e segredos descoñecidos. 

VIGO NO TEMPO é a quinta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa o seu percorrido en Vigo co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita exposición Vigo no tempo

Visita ao castelo do Castro e paseo polo Casco Vello

          O pasado 15 de marzo alumnos de 2º bacharelato B realizaron unha saída ao castelo do Castro e un paseo guiado polo Casco Vello da nosa cidade acompañados polos profesores Antonio Giráldez e María Herminia Martínez. Clicando na imaxe podes ver máis fotos desta actividade que nos proporcionou Elisa Domínguez.

Visita a Santiago


O martes 15 de marzo o alumnado de 2º Bacharelato grupo D, que cursa as materias de Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia fixo unha visita de todo o día a Santiago.

Saída escolar á vila romana de Toralla


O xoves 5 de maio, o alumnado de 2º Bacharelato D fixo unha saída escolar á vila romana de Toralla acompañado polos profesores Pastora García Docampo e Antonio Giráldez Lomba.

"Lobos sucios" en Multicines Norte


O venres 29 de abril os profesores Mario López, Agustín Nieto, Alfonso Álvarez e Antonio Giráldez acompañaron ó alumnado de 2º Bacharelato á proxección dunha película sobre a explotación do wolfram en Galicia nos tempos da Segunda Guerra Mundial.

Entrevistas Historia do Calvario

Alumnos de 2º de bacharelato da optativa Xeografía e Historia de Galicia entrevistan a xente do barrio do Calvario para coñecer os cambios e a historia do mesmo.

                 

Pica aquí para ver máis vídeos

                    

Distribuir contido