O martes 14 de novembro de 2017 o alumnado de 3º ESO e 4º ESO tivo a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos en inglés e galego da man de Sophie Heydel, narradora e actriz británica formada en The Guildhall School of Music and Drama (Londres), e Charo Pita, narradora galega profesional e escritora, organizada conxuntamente polos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Inglés.
O alumnado disfrutou dun repertorio de contos tradicionais do mundo (Rei Arturo, historias celtas, sufís, dos indios americanos, orientais...) e pasouno ben aprendendo. Outro dos obxectivos desta actividade foi facer ver ao noso alumnado como a lingua galega e a lingua inglesa poden ir da man, como podemos aprender distintas linguas desde a lingua propia. Marcharon coa sensación de entender mellor o inglés e de ter feito unha viaxe fantástica por mundos imaxinarios.