Sesquicentenario do nacemento de Valle-Inclán

     O día 28 de outubro cumpríronse 150 anos do nacemento de Ramón Mª del Valle-Inclán, inesquecible dramaturgo creador do esperpento a principios do século XX, novelista e poeta. Con tal motivo a Biblioteca presentou á comunidade educativa unha ampla selección da súa obra xunto cuns cadros esquemáticos tanto da súa vida como da súa bibliografía fundamental.

     Ademais, aproveitando o desenvolvemento dunhas "Lecturas de terror" na Biblioteca ao redor do Día de Defuntos, o alumnado participante de 4º da ESO levou a cabo a lectura dun relato de Valle titulado "El miedo", que viña moi ó caso.