DragonBorn

Luis Fernández, profesor de Postproducción Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo realizou unha actividade de achegamento á producción audiovisual na que participaron alumnas e alumnos de 4º ESO:

A idea era partir dunha historia curta que se poidera solucionar nun par de minutos ao sumo e que tivera un efecto especial visual. Neste caso utilizaron un gag sobre a entorna do videoxogo “skyrim” (o protagonista ten a capacidade –entre outras- de provocar un furacán gritando “fush-ro-dah”).

A partir desa idea entraron en materia, serraron un guión de dúas escenas en formato utilizando o software CELTX, respectando as normas de espaciado, tamaño de letra e xustificación que facilitan a interpretación dos guións e o control de tempos, así como o desglose e identificación de contidos. No proceso destacáronse os actores -elixidos entre os asistentes- e personaxes.

Con esta información xeraron a realización cun croquis de accións e posicións de cámara (tamén en CELTX). Lamentablemente o tempo do que dispuxeron non permitiu xerar un guión técnico, “storyboard” e desglose de producción, pero permitiu intuir como se realizan os pasos previos a "coller as cámaras e saír a gravar".


Tras estes procesos previos realizados saíron a gravar, destacando ademáis dos actores unha operadora cámara, pertiguista -son-, claqueta... O material proporcionado pola facultade de CC.SS.: unha cámara AvcHD con trípode, micro canón con pértiga, reflectores para a iluminación, diversos cables e, por suposto, a claqueta!.


Realizouse a gravación seguindo os pasos habituais de marcar primeira posición, comprobación de que o son no entraba en campo -nin outros elementos-, solicitude de silencio, gravación, claqueta e acción. Distinguindo escena, plano e toma.


Completados os planos de ficción, prepararon as partes do efecto de lanzamento dos personaxes, gravando en inicio do plano, o salto, o final de plano, a panorámica (co escenario baleiro) e, nun plano máis corto, os actores saltando contra a valla do patio.


Posteriormente graváronse os planos da segunda escena, exeriores do patio e interiores no despacho de dirección (neste caso só cos personaxes directamente implicados).


A montaxe realizouse en Avid Mediacomposer, retomando as tomas máis apropiadas e organizando os contidos -a gravación non foi lineal-, e os efectos compuxéronse con Fusion (blackMagic), combinando as partes previamente gravadas, recortando e axustando as súas posicións.



O fume na escena final creouse ca versión para estudiantes de Maya, utilizando o seu software de partículas.


Todo o software empregado no traballo ten licencia libre para productos non comerciais ou sen coste para a educación (salvo Avid, que podería ser substituído por sistemas similares sen custe para estudiantes –lightworks, resolve, …-).