K-POP

     O K-pop é un xénero musical que ten a súa orixe en Corea do Sur (K-pop significa Korean Pop). Abarca moitos estilos musicais diferentes como o R&B, rap, rock, etc.
     Comezou nos noventa co famoso grupo Seo Taiji and Boys e popularizouse coa creación da maior discográfica de Corea do Sur, SM Entertainment. A partir de aquí o público adolescente empezou a sentirse atraído por este xénero, e naceu a chamada onda coreana “Hallyu” con grupos como H.O.T, Sechs Kies, Shinhwa e S.E.S.
     Co debut de BoA a principios da década do 2000, o K-pop estendeuse por toda Asia, e hoxe en día xa se estendeu á maior parte do mundo grazas ó  Gangnam Style de PSY, vídeo máis visitado de Youtube ata o momento.
     Algunhas características comúns entre os artistas do K-pop son: as elaboradas coreografías; a maioría son tamén modelos e actores; cantan en coreano, xaponés, chinés, inglés, ...
     Algúns dos grupos máis famosos de Corea son:

  • DBSK: considerados os deuses do K-pop, conseguiron Records Guinness ademais de seren considerados os Backstreet Boys asiáticos. Non obstante, agora están separados en dous grupos distintos, un que conserva o nome orixinal e outro denominado JYJ.
  • Girls' Generation (SNSD): formado por 9 mozas, son consideradas o maior grupo feminino de Asia e o “grupo da nación” en Corea. Son coñecidas mundialmente grazas á súa vitoria nos Youtube Music Awards no que gañaron o premio ó vídeo do ano polo videoclip 'I got a boy'.
  • Big Bang: o seu estilo céntrase no Hip Hop e son un dos grupos de K-pop masculinos máis coñecidos a nivel mundial grazas ás carreiras como solistas dos seus 5 membros.

 

     Aquí podedes ver un exemplo de típica canción de K-Pop (Bigbang – Fantastic Baby): http://goo.gl/CjiPp


Alba Alonso e Xiana Pombo - 4º ESO A