A soidade é unha das sensacións máis desagradábeis que unha persoa pode experimentar.
Moitas veces unha persoa pode estar acompañada por moita xente pero aínda así sente ese baleiro no seu interior que soamente o pode encher outra persoa que realmente sente un verdadeiro aprecio por un. Por exemplo, a soidade que sente un rapaz ao non poder darlle unha aperta a súa nai, xa que está sometida a un tratamento que non lle permite acercarse a ela porque podería afectar ao seu desenvolvemento, só podería encherse cando novamente puidese darlle unha aperta á súa nai; ou mesmo a propia soidade desa nai por non poder bicar ao seu fillo e unicamente podelo ver dende lonxe… penso que é algo polo que a ningunha nai lle gustaría nin debería pasar.
Tamén hai outro tipo de soidade, como a soidade dunha persoa cando se sente rexeitado na escola polos seus compañeiros de clase ou incluso cando estes compañeiros o desprezan, ou tamén cando unha persoa se decata de que non queren estar cun polo simple feito de que non lle caes ben, porque non lle gusta a túa maneira de vestir, ou porque intentas levarte ben con todo o mundo.
Aínda así, a pesar de todas estas sensacións de soidade, sempre é bo contar con xente que realmente te aprecia, como a túa familia ou os bos amigos, que non teñen por que ser de toda a vida, senón tamén esas persoas que coñeces desde hai pouco pero que sempre estiveron ao teu carón cando as precisaches.
Leticia Carolina Dacuña Crespo – 2º Bac A adultos