Nacionalismo GZ

     Un séntese de onde naceu, non falo de países, nin patria, soamente da túa terra. Moita xente non entende ese rexeitamento a España e ese novo afán nacionalista galego que ultimamente está máis de moda, parece. Pero eu véxoo como algo sensato, non podería querer formar parte dun país que oprimiu tanto o meu pobo e a miña terra, non ten máis, é cuestión de sentilo. Como ler un poema de Machado e outro de Cabanillas, eu só sinto cousas por un. Despois de todo o sufrimento, como queren que nos sintamos españois? Pero todo isto sen chegar a puntos no que un burgués galego fose mais importante que un proletario Español, ou de calquera outro país.
Pero non sentes algo especial cando escoitas unha gaita? a xente brindando? Cantando, cando ves o mar, as paisaxes...a terra en si!
     Por iso deberíamos defender máis a toda esa xente que morreu por isto, a xente que agora mesmo está no cárcere, esparexidos por diferentes partes de España, illándoos, torturándoos. Pero cos medios de comunicación o único que fan é darlle a volta as cousas pra enganar a xente, e esa xente, que o único que fixo e intentar defender a súa terra, queden como terroristas e cousas sen sentido. Oxalá a xente empece a darse conta do que sucede, das mentiras, de que se isto non se para o galego desaparecerá, os costumes, quedaran as paisaxes contaminadas, árbores pinchados, todo isto desaparecerá, e sería unha verdadeira pena que un lugar e unha cultura tan antiga e bonita desaparecera.
     Por esa xente que a defendeu tamén escribindo, como Castelao, Rosalía de Castro cos seus fermosos poemas, Ramón Cabanillas, Pondal e moitos máis... e por suposto tamén por esa xente da que non se lembra o nome, polos mariñeiros afogados, polos campesiñxs, traballadorxs, polos que tiveron que emigrar, por todos.
Galiza doce mágoa das Españas...


Amanda Pérez Alba 4º ESO C