30 de xaneiro: Día da Ilustración

                

A proposta de grandes ilustradores de Galicia establécese o DÍA DA ILUSTRACIÓN en 2014 para promover esta área da cultura.

     A efeméride faise coincidir co aniversario do nacemento, o 30 de xaneiro de 1886, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

     Como nós estamos no IES Castelao, o único de Galicia que leva o seu nome, debemos coñecer ben a este home tan polifacético: debuxante, humorista e pintor pero tamén médico, político e escritor.

     Para iso, dende a Biblioteca e coa colaboración de moitos profesores e mais do departamento de Plástica, convocamos varios concursos, para achegarnos á inxente figura do autor. Pode participar todo o alumnado e o premio, como non! terá relación con Castelao:

 

Concurso 1: O enigma de Castelao

Concurso 2: Ilustrando a Castelao 

 

 

Animádevos a participar!!

AdxuntoTamaño
Concurso O enigma de Castelao cartel.pdf224.4 KB
Concurso Ilustrando a Castelao.pdf80.71 KB
Encrucillado e sopa de letras.pdf76.08 KB
Folla de respostas para contestar O enigma de Castelao.pdf142.45 KB
O enigma de Castelao.pdf155.53 KB
O retrato de Retrincos de Castelao.pdf57.56 KB