Hoxe, 30 de setembro, celébrase o Día Internacional da Tradución, en recordo do falecemento de san Xerome, tradutor da Biblia.
Desde a Biblioteca ofrecemos como mostra desta importante tarefa que é a tradución a versión en varias linguas de "Le petit Prince", "Cousas" de Castelao en inglés ou as cantigas de Martín Codax en 55 idiomas.
Ademais, recordamos outros aniversarios: onte fixo Mafalda 60 aniños e hoxe mesmo é o centenario do nacemento de Truman Capote, autor de "A sangre fría" ou guionista de "Almorzo en Tiffany's" protagonizado por aquela inesquecible Audrey Hepburn!