Na procura dos ... libros prohibidos

 

Esta actividade pretende contribuír á formación de usuarios da biblioteca. Circula hai xa anos polas bibliotecas que, coma a nosa, andan no PLAMBE. Seguímola desenvolvendo porque pensamos que resulta útil e divertida.

Ao redor da data de Defuntos e as lecturas de medo, xógase coa presenza das forzas do mal que fan desaparecer certos libros dos andeis da biblioteca. Para averiguar cales son eses libros cómpre resolver certas pistas consultando ou ben en enciclopedias ou ben en Internet ata dar coa solución: de cada pista obtemos unha letra do apelido do autor e, unha vez sabido este, dánsenos indicacións para averiguar de que título se trata dentro da súa obra.

[acceso á galería de imaxes]



Cada “expediente” remata cando atopamos o libro no andel correspondente.

Con esta actividade preténdese formar usuarios eficaces na busca de información: hai que ler con atención as pistas, ser atinados e rápidos  e saber formular de maneira breve as consultas no buscador.

Deste xeito, os resultados non se fan esperar!!!!