O xoves, 30 de outubro e o mércores, 5 de novembro celebramos o Samaín 2014, cunha lectura de contos de medo, na Biblioteca.
[Máis imaxes na Galería] |
Para tal fin, o mércores, 29 de novembro, a Biblioteca foi decorada polo alumnado de 4º PDC, os que contribuíron voluntariamente, seguindo as indicacións do profesor Pablo Sanmartín Biénzobas, do Departamento de Bioloxía. O resultado foi un magnífico labor de creatividade! Benvindo Pablo!!!
O día 30, a 3ª hora, o alumnado de 2º ESO B realizou unha lectura dramatizada da lenda de Gustavo Adolfo BÉCQUER, "El Monte de las Ánimas". Tamén leron relatos en galego, concretamente, "A mesma advertencia de sempre", "O esqueleto e o médico" e "Unha axuda funesta".
A alumna Ecaterina Craciun relatou, lanterna en man, a terrorífica Historia de Verónica.
A 4ª hora, reuníronse os cursos de 2º ESO B, 3º PDC e 4º PDC para coñecer, a través da súa lectura, diferentes contos do libro “Aparicións e Santa Compaña” de Xosé Ramón Mariño Ferro:
“O morto e os recén casados”, “O esqueleto e o médico”, “A caveira convidada”, “O soldado e o morto que se aparece a cachos”, Campaña de penitentes”, “Penar cunha pedra ao lombo”, Os mariñeiros desaparecidos”, “O avó que pide setenta misas”, “As misas que van aliviando as penas”, “O pai inxusto coa herdanza”, “Augas de rega mal habidas” e “Por débedas", “Un avó axuda ó seu netiño en perigo” e “A mesma advertencia de sempre”.
A 5ª hora, 1º ESO A e algún alumando de 1º ESO B interpretou "El corazón delator" de Edgar Allan POE e, de Gustavo Adolfo BÉCQUER, "El Monte de las Ánimas".
Alén a ponte, concretamente o día 5, a 2ª hora, 1º ESO B realizou as mesmas lecturas ca 1º ESO A.
E así celebramos o noso particular Samaín, con todo o noso respecto por tal transcendental efeméride. Tamén cómpre salientar que comezamos unha serie das Lecturas na Biblioteca. A vindeira quenda será a Lectura do Entroido. Anímaste?