Continuamos con outra achega ao noso proxecto Escribir con arte.
Desta volta a actividade foi realizada por dous departamentos de maneira interdisciplinar. Por unha banda, o departamento de Plástica encargouse de realizar uns espectaculares bodegóns, recorrendo a técnicas clásicas (alumnado de 4º ESO e 1 de Bach expresión artística). E, por outra, o de galego coordinou o alumnado de 4º da ESO para atopar os textos que explicaran os conceptos e describisen as obras de arte.
Non cabe dúbida de que traballando en equipo todo sae mellor!
Comisaria da exposición: Chus Ferrín