O alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unha charla formativa arredor da prevención e detección do VIH.
É importante concienciar aos máis novos sobre a importancia de tomar precaucións cunha enfermidade tan cruel. Porén, a través dun xogo dinámico, onde tiñan que responder con cartolinas de cores, profundaron máis no tema e souberon que hai unha vacina, en fase de experimentación, para a súa curación.
Os organizadores foron voluntarios Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).