Presentación do libro "Xosé Velo sen fronteiras"

O 30 de xaneiro tivemos a primicia de presentar no noso paraninfo Xela Arias, e ante un alumnado de 2º BACH ben interesado, a publicación Xosé Velo sen fronteiras e visionar o documental Xosé Velo. O libertador ibérico guiados polas certeiras e sabias palabras do egrexio don Xesús Alonso Montero e do adaíl destes proxectos Aser Álvarez de Arraianos Producións. Un acto de memoria necesaria e reivindicación dun persoeiro fundamental para o galeguismo e a loita antifranquista e ademais nun día que evocamos o seu cabodano e asemade o Día da Non Violencia e a conmemoración da nacenza de Castelao. Esta actividade foi desenvolvida entre o Departamento de Lingua e Literatura Galegas e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Xosé Velo