Visita de Xesús Fraga ao Club de Lectura

O pasado día 16 de xaneiro visitou o Club de Lectura “A pé de obra II”, para profesorado, ex-profesorado e pais e nais do noso alumnado o escritor Xesús Fraga.

O encontro abordou diversos aspectos do seu libro Virtudes e misterios, novela galardoada co Premio Blanco-Amor de novela, co Premio da Fundación dos Premios da Crítica Galicia e co premio Nacional de Narrativa 2021 do Ministerio de Cultura.

O autor revelou unha manchea de información sobre a longa xestación da novela que axudou a entender moitos elementos que conflúen nesta proposta na que converxen asuntos como a memoria familiar ou a emigración por só citar dous deles. Ao mesmo tempo, tamén se detivo no que supuxo para el acadar o premio Nacional de Narrativa antes mencionado e confesou algúns dos proxectos narrativos nos que agora traballa. A novela Virtudes e misterios, que seguimos a recomendar desde o noso Club, permitiunos coñecer un autor que se revelou como moi próximo e cordial. Moitas grazas pola túa visita e ata a vindeira.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Xesús Fraga