Día da Tradución

Ao redor do 30 de setembro, celebramos unha exposición e mais un concurso sobre a tradución. Nesa data, desde 1991, conmemórase o falecemento (no século V) de San Xerome, tradutor do libro máis lido na historia da humanidade, a Biblia; el é o responsable da versión latina, a Vulgata, que foi durante moito tempo por estas latitudes a versión oficial do texto sagrado, con graves consecuencias nalgúns casos para os que a lían na versión orixinal. Pero iso é outra historia. A Biblia, por certo, está traducida a máis de 2500 linguas.


Desde a biblioteca recordamos o traballo dos tradutores, cada vez máis valorado e solicitado nesta sociedade “globalizada”. Serven de conexión entre culturas e permítennos a moitos de nós  aproximarnos a feitos dos que quedariamos privados, desconectados ou apartados de non existiren os tradutores.


O noso recordo para eles materializouse na exposición, tanto na vitrina do vestíbulo como nunha mesa, de exemplares de libros en varias linguas; e tamén nun pequeno concurso consistente en responder sinxelas cuestións sobre a lingua orixinal de redacción de certos libros xa clásicos de distintas literaturas (achégase o cuestionario que se facilitou ó alumnado participante).


No concursiño participou alumnado de distintos niveis e os resultados foron os seguintes:

Gañadora
Tais González Álvarez de 1º ESO-B
Accésits
Claudia Rodríguez Soengas de 1º ESO-C
Antía Rodal Fernández de 1º ESO-B
Ana Soneira Rodríguez de 1º ESO-C
 Tais, gañadora do concurso  


 A ver se para sucesivas ocasións hai máis que se animen a participar!

 

AdxuntoTamaño
Cuestionario Día da Tradución.pdf134.66 KB