Reserva de praza para o curso 2024/2025 (alumnado de centros de primaria adscritos)

Actualización 28/02/2024. Todas as solicitudes de RESERVA presentadas dos centros adscritos para 1ºESO foron admitidas. Pódense consultar as listaxes no taboleiro interior do centro.

1.- Prazo

De acordo co disposto pola Consellería de Educación

Teléfonos de información (9:00-14:00):  886 111 110 / 886 111 117

A solicitude debe presentarse no centro de primaria no que está matriculado o alumno ou alumna.

2.- Centros adscritos ao IES Castelao

Os centros adscritos ao IES Castelao son:

  • CEIP A Doblada
  • CEIP O Pombal
  • CPR Atalaya 

 

 3.- Solicitude de RESERVA

O alumnado matriculado en 6º de primaria nos centros adscritos que desexe cursar 1ºESO no noso IES pode presentar a solicitude de reserva de dúas formas:

  1. En papel (clica aquí para descargar a solicitude), entregándoa no centro de primaria no que está matriculado/a o/a alumno/a.
  2. A través da aplicación de admisión de alumnado (clica aquí para acceder) usando a Chave 365 ou un certificado dixital.

A solicitude de reserva pode realizarse entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

4.- Publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido

As listaxes de alumnado admitido pódense consultar a partir do mércores 22 de febreiro no taboleiro interior do centro. Rogamos que preferentemente se consulten en horario de tarde (16:30 a 20:00).

 

5.- Datas de formalización da matrícula

Indicaranse en xuño. Segundo está previsto na normativa vixente, o alumnado que non se matricule dentro destes prazos perde o dereito á praza.