Skip to Content

Olimpíada Matemática Galega 2017

O pasado xoves, 27 de abril, celebrouse no IES Canido a fase local da zona de Ferrol da Olimpíada Matemática Galega. Nas imaxes podedes ver a 32 matemáticos e matemáticas pelexando cos 5 problemas propostos pola entidade organizadora da Olimpíada, a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas, AGAPEMA. A sesión, que durou desde as 10:30 ata as 13:00, foi supervisada por profesorado de Matemáticas do noso centro.

 

 

 

Desta fase local sairán 3 seleccionados que participarán na fase final, que se celebrará en Lugo o día 18.

Lista de admitidos e excluídos no proceso de admisión

Tralo proceso de baremación para decidir a admisión a 1º de bacharelato para o curso 2017/18, a lista provisional de admitidos/excluídos no IES Canido é a seguinte:

 

1º Bacharelato Ciencias

 

 

 

Apelidos e nome

 

Admitido/a

 
 

1

Picallo García, Candela

Si

 

2

Soler Calvo, Alba

Non

 

3

Santalla Prieto, Cecilia

Non

 

 

1º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais

 

 

 

Apelidos e nome

 

Admitido/a

 
 

1

Costoya Soto, Antonio

Si

 

2

González Santalla, Brais

Si

 

3

Ruvira Rodríguez, Carmen

Si

 

4

Sequeiro Fernández-Couto, Carla

Si

 

5

Sanjurjo Martínez, Brais

Si

 

6

Loureiro Cela, Lucía

Non

 

7

Riego Varela, Javier

Non

 

8

Cabaleiro Alvariño, Christian

Non

 

Fomentando os hábitos de vida saudables e a actividade física

 

O venres, coincidindo coa véspera das vacacións, os alumnos de 1º e 2º de ESO do noso centro participaron nunha actividade organizada pola empresa xestora das instalacións deportivas municipais, BeOne A Malata. A actividade, centrada arredor da zumba e o body combat, desenvolveuse no ximnasio do centro e contou coa colaboración da comunidade educativa, tanto de profesores como de persoal non docente.

Podedes ver algunha foto máis da actividade na páxina en Facebook de BeOne A Malata

 

 

 

María Gabía Rascado acudiu á entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato

Tirada da Voz

Foto da nova na Voz de Galicia

 

A ex-alumna do IES Canido María Gabía Rascado recibiu o premio extraordinario de bacharelato no acto de entrega que se celebrou o pasado venres 24 de marzo no Gaiás.

No acto, ao que tamén asistiu o director do noso centro, o presidente da Xunta de Galicia entregou os premios extraordinarios de Bacharelato, FP, Música, Danza e Artes Plásticas. Na categoría de Bacharelato outorgáronse 20 premios, aos que se presentaron case 360 dos mellores alumnos galegos. Digno de salientar é que María foi a única alumna que sobrepasou 28 puntos de 30 posibles na proba, que constou no seu caso de exames de Análise de Texto, Inglés e Latín.

 

 

A nova apareceu na TVG e na Voz de Galicia, entre outros medios.

Aviso sobre a Admisión do Alumnado para o curso 2017/18

 

Todas as solicitudes de admisión de alumnado para cursar 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 2º de Bacharelato foron admitidas.

As persoas que solicitasen a admisión en 1º de Bacharelato terán que achegar a documentación acreditativa dos criterios de admisión para procecer á baremación.

Esta documentación entregarase na secretaría do centro  acompañada dunha copia da solicitude de admisión dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ambos os dous inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut