Skip to Content

Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia- 3 de febreiro

Compartimos o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e O.U. no portal educativo:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

 Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

 

 

Ligazón ao documento da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior: Alerta Laranxa por Vento

Acto de lembranza das vítimas do Holocausto

Alumnos do noso centro participaron nos actos do Concello de Ferrol con motivo do Día Internacional das Vítimas do Holocausto Nazi.

 

Máis información, en La Voz de Galicia

Visita a Navantia

Os alumnos de 4º de ESO das materias Economía e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial(IAEE) visitaron o mércores 18 as instalacións de Navantia-Ferrol.

Viaxe a Viena

Deixámosvos o vídeo da viaxe a Viena que fixo en decembro o alumnado de Psicoloxía e Historia da Arte de 2º de bacharelato

I Lonxa Xuvenil do Concello de Ferrol

Os alumnos de 4º de ESO do noso centro gañaron o 3º premio co seu proxecto Ferrol Art Revolution na I Lonxa Xuvenil organizada pola Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol. No acto celebrado esta mañá no Teatro Jofre participaron xunto con compañeiros dos institutos Carvalho Calero, Sofía Casanova, Catabois, Ferrol Vello, Saturnino Montojo e Concepción Arenal.

Máis información, en Ferrol 360

Distribuir contido


by Dr. Radut