Skip to Content

Fase Zonal do Club de Debate 2016/17

 

Alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Canido participan coa súa profesora Carmen Cuesta na fase zonal do Club de Debate, organizado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos implicados.

Desde o centro desexámoslles moita sorte e agardamos que pasen á Fase Final.

Máis información, no Diario de Ferrol:

 

Entroido 2017

 

 Primavera, de Arcimboldo

 

Mentres montamos o vídeo coas actividades deste ano, enmarcadas no tema "O Mundo da Pintura", podedes ver un chisco do que se fixo na seguinte ligazón:

 

Ya es Carnaval en los colegios de Ferrol

Éxito das nosas alumnas no III Certame Literario Carmela Loureiro

 

As nosas alumnas Sara Romaní Yáñez e Cristina Vidal Beceiro resultaron galardoadas cun 1º Premio e un Accésit no III Certame Literario Carmela Loureiro. Compartimos a nota enviada desde a área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol:

 

Os membros do xurado do III Certame Literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a CENL,

  • Xil López Sánchez. representante da CENL,
  • María Canosa, escritora
  • Roi Saiz Mallo , representante do alumnado
  • Clara Vizoso García, representante do alumnado
  • Álvaro Montes Celeiro, concelleiro de Normalización Lingüística

Acordaron conceder os seguintes premios e accésits, seleccionados entre os 82 traballos presentados ao citado certame

 

MICRORRELATOS

 

Categoría A, 3º ciclo de Educación primaria

Primeiro premio

Viva a igualdade, Alejandra Fernández Armada CPR Ludy

 

Accésits

O debuxo, Ariadna Gómez Méndez CPR Belén

A bolboreta sen ás, Sofía Sanjurjo López, CEIP Pazos.

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Primeiro premio

Como te esquecín, meu medo, Lucía Pérez Serantes, IES Fernando Esquío

Accésits

Entre catro paredes, Paula Soto Rodríguez, IES Saturnino Montojo

 

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro premio

Contemplación libre, Sara Romaní Yáñez, IES Canido, 3º ESO

Accésit A Marcha, de Cristina Vidal Beceiro, IES Canido

 

Categoría D, bacharelato, ciclos formativos

Primeiro premio

Utopías, Nerea Calvo Beceiro, IES Leixa 2º BAC

Accésit A inxenuidade dos máis teimudo, IES Concepción Arenal

 

MICROPOESÍA

Categoría A, 3º ciclo de E. primaria.

Primeiro premio

A realidade, Blanca Fraga Rodríguez, Cª de María

Accésit

Escribo, Angélica Piñeiro Díaz, CPR LUDY

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Vexo un mundo debuxado, Nerea Arroyo Salgado, IES Fene

Accésit

Amizade eternal , Iker Fernández Arroyo, CPR Sagrado Corazón,

 

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro premio

Marea escura da vida, MaríaPillado Rico,CPR Sagrado Corazón

Accésit

O océano dos teu ollos, Laura Suárez Quintela, IES Saturnino Montojo

 

Categoría D, bacharelato e ciclos formativos

Primeiro premio

Namorado o tempo, IES Concepción Arenal

Accésit

Liberdade, Irene Ebang Late, IES Carvalho Calero

 

MICROTEATRO

Categoría D, bacharelato e ciclos formativos

Primeiro premio

A noite sen estrelecer, IES Concepción Arenal

 

Accésits

O que esconden os sorrisos, Seda Nikoghosyan, IES Saturnino Montojo

O primeiro amor, Alexia Calvo García, IES Carvalho Calero

Nada é real, Javier Dopico Vilanueva, IES Carvalho Calero

Admisión 2017-18

NORMATIVA APLICABLE

 

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Dende o día 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN

 

No caso de que existan máis solicitudes que prazas vacantes, a dirección do centro abrirá un prazo de 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión (dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ambos os dous inclusive), para que se poda presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación do baremo.A dita documentación irá acompañada dunha copia da solicitude de admisión.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro indicado como primeira opción, na que poderán relacionar outros SEIS centros por orde de preferencia.

 

Tamén poderán presentar solicitude mediante formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso ADMISIONALUMNADO (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado

 

DOCUMENTOS A PRESENTAR

  1. Impreso de solicitude de admisión (facilitado polo centro, modelo ED550B Anexo II) que tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación “ADMISIÓNALUMNADO” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  2. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando no formulario denegue a súa consulta
  3. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a

Copia do DNI do alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde conste inscrito/a o/a alumno/a ou calquera outro documento oficial que acredite a identidade

  1. Certificado de matrícula expedido polo centro onde esté cursando estudos o/a interesado/a
  2. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (orixinal e copia)

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL E DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS

 

As listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido publicaranse con anterioridade ao 25 de abril e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido publicarase con anterioridade ao 15 de maio, e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

  • PRAZO ORDINARIO para ESO e BACHARELATO: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • PRAZO EXTRAORDINARIO para ESO e BACHARELATO: do 1 ao 10 de setembro

 

O calendario para a matrícula, especificado por cursos e niveis, será publicado nos taboleiros de anuncios do centro. Se finalizado o prazo, o alumnado non formalizou a matrícula, decaerá no dereito á praza obtida.

 

 

 

Xornadas de portas abertas. Visitas ao I.E.S. Canido

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS- VISITAS AO IES CANIDO

dirixidas a Pais / Nais / Titores legais de alumnos de 6º de PRIMARIA e 4º ESO de distintos centros educativos de Ferrol

 

LUNS 13 DE FEBREIRO.-  CEIP Almirante Juan de Lángara, CPR San Rosendo, CPR Valle Inclán I, IES Ferrol Vello (17h no IES Canido)      

 

MARTES 14 DE FEBREIRO.-     CEIP Cruceiro de Canido (16,30h no CEIP Cruceiro de Canido e posterior visita ao IES Canido), CEIP A Laxe, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPI Atios (17h no IES Canido)

 

*Ofreceremos a posibilidade de acudir a pais/nais/titores legais (e aos seus fillos)doutros centros e de escoller o día no que teñan mellor dispoñibilidade, polo que pode haber cambios nos centros que nos visitan cada un dos días.

** Outros centros aos que se propón a visita: IES de Catabois, CPR Compañía de María, CPR Plurilingüe Jesús Maestro.

Luns e martes 13 e 14 de febreiro (ás 17,00h no IES Canido)       

PROGRAMA DA REUNIÓN

DIRIXIDA A

Pais / Nais / Titores legais de alumnos

RELATORES

Membros do Equipo Directivo e profesorado do IES Canido

CONTIDO

  • Presentación
  • Normas de organización e funcionamento
  • Organización da ESO/BACHARELATO
  • Respostas ás cuestións expostas polos asistentes

DURACIÓN APROXIMADA

1/2 hora

REUNIÓN ADICIONAL

  • Visita as instalacións do IES Canido a partir das 17:30 horas, rúa Navegantes s/n (ao lado da Igrexa de San Rosendo)
  • Visita a:

o    Salón de Actos

o    Aula de Educación Plástica e Visual

o    Aula-Taller de Tecnoloxía

o    Ximnasio

o    Biblioteca do centro

o    Aula de referencia con audiovisuais

o    Aula de Informática

o    Aula de Música

o    Laboratorio de idiomas

o    Laboratorio de Física

o    Laboratorio de Química

o    Laboratorio de Bioloxía

o    Laboratorio de Xeoloxía

o    Cafetería do centro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut