Skip to Content

Día das Letras Galegas-Cheos de vida

 

A estas alturas non quedará ninguén que non vise o vídeo dos 1000 escolares que cantaron en Navantia coa cantante Guadi Galego, non si?

 

 

Pois aló estivo o IES Canido, tras o traballo coral que fixeron as semanas previas os nosos alumnos xunto coas profesoras de Música, Cristina e máis Encina. Podedes ver a delegación canidense en Navantia:

 

Velaquí toda a nosa delegación con Guadi Galego:

 

 

E a nosa localización, xunto aos demais institutos de secundaria participantes:

 

 

A actividade, organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol para celebrar o Día das Letras Galegas e tamén para reivindicar o estudo da Música nos centros educativos, supuxo unha experiencia ben fermosa para todo o alumnado implicado así como para os profesores que tiveron a sorte de participar.

Entroido en Canido 2017

Como xa avanzáramos, velaquí tedes o vídeo das actuacións do Entroido deste ano, cortesía da nosa compañeira Carmen Cuesta:

 

Día de Europa

O pasado martes o alumnado de Música conmemorou o Día de Europa cun pequeno concerto dirixido polas súas profesoras, Encina e Cristina. O tema estrela foi, como non podía ser doutro xeito, o Himno Europeo, Oda á Alegría, composto por Beethoven en 1824.

 

 

Aproveitamos tamén o Día de Europa para comprobar coñecementos do noso alumnado. No xogo de bandeiras organizado había un par de trampas, que só os máis avezados evitaron.

 

 

Roteiro dos Muíños

Alumnos de 4º de ESO A do noso centro fixeron o Roteiro dos Muíños polo val de Esmelle como premio ao seu traballo na I Lonxa Xuvenil do Concello de Ferrol.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut