Skip to Content

Olimpíada Matemática Galega 2017

O pasado xoves, 27 de abril, celebrouse no IES Canido a fase local da zona de Ferrol da Olimpíada Matemática Galega. Nas imaxes podedes ver a 32 matemáticos e matemáticas pelexando cos 5 problemas propostos pola entidade organizadora da Olimpíada, a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas, AGAPEMA. A sesión, que durou desde as 10:30 ata as 13:00, foi supervisada por profesorado de Matemáticas do noso centro.

 

 

 

Desta fase local sairán 3 seleccionados que participarán na fase final, que se celebrará en Lugo o día 18.



page | by Dr. Radut