ÉLÈVES 1 ESO: PREMIÈRES CONVERSATIONS.

OS LECTORES DO IES DE BECERREÁ ATACAN DE NOVO!!

Volven a iniciar a súa andaina os clubs de lectura (curso 2015-16), e aquí tedes a todos e todas os seus compoñentes (bueno, algún estaba enfermo en non sae na foto). Boas lecturas a tod@s!!!

CELEBRACIÓN DO FIN DE CURSO 20014-15

Organizada polo alumando de 4º da ESO, o venres 19 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso: música, baile, karaoke, doces caseiros aportados polo alumando, a entrega dalgún premio que quedaba pendente (o de mellor lector do curso a Álvaro Poy, de 1º da ESO, outorgado pola biblioteca do centro), foto de familia, despedidas... e algún "manteo"!! Todo moi entrañable.

Boas vacacións a todos e o noso agradecemento ao alumnado de 4º por facilitarnos estes momentos e a aqueles que aportaron doces para COMPARTIR!!

Preme aquí para ver algunhas das fotos (o resto, na bilioteca) e aquí se queres ver o vídeo.

PREMIADOS ANXO EIRIZ E "LIBRERÍA CHUS" POLA DEFENSA DA LINGUA E DA CULTURA GALEGAS NA COMARCA DOS ANCARES.

Nesta segunda edición do Premio IES Becerreá á promoción da lingua e cultura galegas na comarca do Ancares  (creado a instancia do Equipo de Dinamización Lingüística do centro) os galardoados foron, dentro das iniciativas levadas a cabo no ámbito cultural, Anxo Eriz Mouiz, mentres que desde o ámbito das inciativas privadas foi premiada a "Librería Chus" de Becerreá.

DESCUBRINDO OS BOLOS CELTAS.

Nesta actividade organizada polo departamento de E.F. do IES de Becerreá, o alumnado de 1º da ESO, acompañado polos profesores deste departamento e por Kerry (auxiliar de conversa), visitaron Vilarantón, no concello de Navia, para tomar contacto co xogo tradicional dos bolos celtas, que foron recuperados polos veciños tempo atrás organizando un campionato local anual con motivo das súas festas patronais. Para desenvolver esta actividade contamos coa colaboración imprescindible de Berta e Amable, parella que, ademais de introducirnos no apaixoante mundo deste xogo ancestral, dedicáronnos a súa atención desinteresada para facer desta xornada unha experiencia inesquecible, na que o xogo e a convivencia foron da man grazas a súa impagable colaboración. Moitas grazas aos dous!!

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015.

Aquí tes o vídeo que recolle o acto de celebración desta sinalada data, no que intervén o grupo de música tradicional do noso centro "Obertura galega" e o xornalista de Radio Lugo-Cadena Ser, Paco Nieto, quen nos presentou a súa biblioteca de voces históricas, salientando a presenza de significados personaxes da nosa cultura. Tamén interviñeron alumnado e profesorado acompañando algunha das pezas musicais que se tocaron nese acto.

EQUIPO DE 2º DA ESO VENCE NO CONCURSO DE DEBETE "DEBATE.CON"

20 ANOS DA REVISTA "A REBOLA" DO IES DE BECERREÁ

PARLAMENTO XOVE 2015: VENCE O IES DE BECERREÁ NA CATEGORÍA DE BACHARELATO!!

Despois de varias finais e semifinais disputadas en anos anteriores, por fin gañamos!! O equipo composto por Candela, Marcos, Mario e Álvaro impúxose no debate final ao equipo do Colexio Lasalle de Santiago e resultou vencedor do Parlamento Xoven 2015 (www.parlamentoxove.com). Nesta fase final o tema de debate era: "foméntase dende os fogares a falta de respecto ao profesorado na escola?".

PROXECTO DRAGAL. ACTUACIÓN DO ACTOR CÉSAR CAMBOEIRO.

O martes 14 de abril actuou no noso centro o actor César Camboeiro dentro do proxecto Dragal, no que participa o noso Instituto. Este proxecto trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e comunicación que parte da triloxía homónima da autora Elana Gallego Abad.

A actuación céntrase, como a obra Dragal,en parte das tradicións lendarias galegas. 

O actor César Camboeiro actuou no teatro en obras de Anton Chejov, Roberto Blanco Torres, Samuel Beckett e Castelao entro outros. Na televisión comezou as súas aparición en "Os outros feirantes" (1989) e máis tarde destacou polo seu papel en "Terra de Miranda".

Distribuir contido