20 ANOS DA REVISTA "A REBOLA" DO IES DE BECERREÁ

Cúmprense neste curso 2014/2015 20 anos da edición da revista do Instituto coa denominación que conserva ata hoxe de A REBOLA.

O primeiro número que se elaborou no curso 94/95 indicaba na introdución que pretendía ser a revista de todos e todas os alumnos e alumnas do instituto e nela se reflectiran as inquedanzas, esperanzas, gustos, protestas ou sentimentos.

Tratábase, e trátase, en dar a coñecer todo o que pasa no Instituto á nosa comunidade educativa dentro do centro coma fóra del.

A revista nacía da man do equipo de Normalización Lingüística e tiña como un dos seus obxectivos apoiar e impulsar o uso do noso idioma.

Por que o nome de A Rebola?

Chámase a Rebola por que esta é unha variedade do carballo propia da comarca dos Ancares cunhas características propias e, polo tanto, indentifícase con esta zona e un dos seus elementos naturais por excelencia.

Por certo, dende o segundo número da revista, do curso 96/97 houbo durnate moitos anos dentro da rebola unha sección dedicada á ecoloxía que se chamaba „As follas verdes da Rebola“.

As Entrevistas deslinguadas

Unha das sección máis exitosas da revista foron sempre estas Entrevistas deslinguadas, feitas a profesoras e profesores sempre e que conteñen preguntas bastante comprometidas tendo en conta, ademais, que despois as respostas eran comentadas pola redacción da revista (nunca se desvelou nin se desvelará quen fai os comentarios ás respostas).

CONTIDOS DA REVISTA

Crónicas das viaxes e excursións que se organizan.

Premios do Certame literario que se celebra dende hai 19 anos. Poesías e narracións.

Actividades que se fan cada curso no Instituto.

Proxectos e actividades de fomento do uso do galego.

Referencias á escritora ou escritor a quen se dedica o Día das Letras Galegas.

Artigos do alumnado e profesorado sobre algún asunto que lle interesara publicar.

Novas de acontecementos ocorridos no Instituto ou fóra.