A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA,
convoca un ano máis o
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
coas seguintes
BASES:
I. FORMATO
Material: Cartolina
Tamaño: 21 x 5
Pode empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)
II. TEMA
O marcapáxinas conterá:
§ Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.
§ Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando
a ler ou acerca da lectura.
III. PRAZO
O prazo remata o día 16 de decembro de 2011.
Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou
pseudónimo. Acompañarán o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo
e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.
IV. PREMIO
O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas será reproducido
e entregado como agasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.
ANÍMATE E PARTICIPA
Máis información no noso blog http://unhalagoadelibros.blogspot.com