Skip to Content

Premios

Unable to create scaled Miniatura image.

CONCURSO HISPANOAMERICANO DE ORTOGRAFÍA

 

A nosa alumna de 2º de Bacharelato, SARA MARTÍNEZ, resultou gañadora da fase autonómica do Concurso Hispanoamericano de Ortografía, polo que terá que desprazarse proximamente a Madrid para acudir á final da fase española. A proba final terá lugar en México.

Noraboa e, a gañar!

 

PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA

Os nosos alumnos LAURA RODRÍGUEZ e DAVID VISO foron recoñecidos cos PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA, dotados con 3000 euros, cos que a Consellería recoñece os mellores expedientes dos alumnos que acceden este ano á Universidade.

Reciban, de novo, as nosas felicitacións. 

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Os nosos alumnos de 2º de Bacharelato MARÍA GONZÁLEZ MARTÍNEZ e DAVID VISO VIDAL resultaron gañadores de senllos PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2007-2008. Isto supón, xunto co premio en metálico, o recoñecemento da súa calidade intelectual e do seu traballo e esforzo continuados.

 A nosa noraboa!

 Foron os únicos de Ourense, tanto na pública como na privada. E non houbo máis porque os exames coincidiron coa excursión de 2º de Bacharelato e varios alumnos non se presentaron.

( Pode verse  a relación completa de premiados no arquivo adxunto.)

HOMENAXE AOS MELLORES ESTUDANTES DE GALICIA

O pasado día 11 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago tivo lugar un acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia nas Probas de Acceso á Universidade deste ano. Con este acto a Universidade de Santiago, baixo o lema "A USC recoñece os froitos dos teus estudos", homenaxeou aos alumnos de 2º de Bacharelato que conseguiron un expediente académico de 9 ou máis puntos.

O noso instituto aportou un total de 6 alumnos:

Laura Rodríguez Sotelo

David Viso Vidal

María González Martínez

Celia Parra Díaz

Ana Gómez Outomuro

Patricia Álvarez López

Os nosos parabéns para todos!

CONCURSO CARTAS DE AMOR

00/00/

No CONCURSO CARTAS DE AMOR, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, resultaron gañadores os seguintes alumnos:

Primeiro premio: María González Martínez (2º A Bach.)
Segundo premio: Miriam Penido (1º D Bach.)
Terceiro Premio: Sara Sáez (4ª D)

A estes premios engadíronse estoutros accésits: Rut Hidalgo Gómez (1º A ESO), Laura Blanco (1º A ESO), Irene Pascual (2º A ESO). Nieves Bayón (2º D ESO), Lucía Cerreda (1ª D Bach.), Gabriela Calvo (1º A ESO), José Eneriz (1ª A ESO), Ana López Lastra (1º B ESO)

Máis información no Blog da biblioteca: Unha lagoa de libros

Concurso Día do Libro 2008

00/00/

No CONCURSO LITERARIO DÍA DO LIBRO 2008, organizado polo Departamento de Lingua Castelá, resultaron premiados os seguintes alumnos:

Modalidade A:
1º premio: “Unha oportunidade para a Terra”, de Alba Pérez (1º D ESO)
2º premio. “Recuerdos de un poeta”, de Camila Loureiro (2º D ESO)
3º premio: “Recordando”, de Margarida Rodríguez (2º A ESO)
Accésit: “Descubrir un novo amigo”, de Sabela Rodríguez (1º D ESO)

Modalidade B:
1º premio. “Fragilidad y otras verdades”, de Carlota Mosquera (4ª C)
2º premio: “Branca e Alberte”, de Simón Vázquez (4º C)
3º premio: “Confidente de papel”, de Arianna Vázquez (4º C)
Accésit: “O anel centenario”, de Érika Estévez (4º D)

Modalidade C:
1º premio: Os poemas “Sueños en la distancia” e o relato “Tierra Soñada” de María González (2º A Bach.)
2º premio: Os relatos “Querido Zálatos” e “`Papel”, de Cristina Calle (1º D Bach.)
3º premio compartido:”In memoriam” de Manuel Valdés (2º D Bach) e “Melodía” de Aida Fernández (1º D Bach.)
Accésit: O poema “Mudanzas” de Lucía Cerreda (1º D Bach.)

Máis información no Blog da Biblioteca: Unha lagoa de libros

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

 

No CONCURSO DE MARCAPÁXINAS convocado pola Biblioteca resultou gañador o presentado por Fabio Perianes Santos, de 2ª E de Bacharelato.

 E, ante a calidade e variedade dos marcapáxinas presentados, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións:

-Sheila Domínguez Paz (2º Bacharelato C)

-Sara Cid Feijoo (4º B)

-Nieves Bayón Fernández (2º D)

-Patricia Ruiz Álvarez (1º C)

Máis información no Blog da biblioteca: Unha lagoa de libros

Distribuir contido


by Dr. Radut