Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
5
| 6
| 7
Start: 07/02/2024 13:49
Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón: As máscaras do Entroido ourensán
Fonte: Abi Castillo Start: 07/02/2024 13:57
O 23 de febreiro queremos celebrar o Día de Rosalía cunha exposición de fotopoemas. Anímate e envíanos o teu para participar! | 8
| 9
Start: 09/02/2024 16:03
O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”. A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus. Fonte: Diario da Universidade de Vigo
Start: 09/02/2024 22:53
Deixamos aquí a relación de convocatorias de concursos por se vos queredes presentar a algún deles. -VII Certame de Microrrelatos convocado por PuntoGal e a Real Academia Galega -Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato -II Premio de Oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo | 10
| 11
|