|
Proxecto premiado no concurso Atrévete a ter unha idea 23/24: "Zapas como novas"
Entre os estudantes que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de recoñecer pola súa participación no concurso Atrévete a ter unha idea, enmarcado no plan Eduemprende, está a alumna Violeta Rodríguez Fernández, de 1º ESO A, autora de ZAPAS COMO NOVAS, unha das doce iniciativas de toda Galicia gañadoras do concurso Atrévete a ter unha idea na súa categoría, Secundaria individual.
O obxectivo deste programa é darlles a coñecer aos alumnos o tecido industrial da súa contorna e conseguir que desenvolvan competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento.
Parabéns, rapazada, pola participación no programa! Boa maneira de rematar o curso!
Se non consegue ver o vídeo, prema na ligazón Zapas como novas.
Curtametraxe premiada en Olloboi'24
A curtametraxe Somnia Somniavit, realizada por alumnado de 2º de Bacharelato de Artes Escénicas, foi premiada no certame Olloboi'24
Créditos:
- Elena Alonso Costas
- Ginés Amoedo Alén
- Alba Pérez Villa
- Aline López Rasoanirina
Matrícula en liña curso 2024-2025
O acceso á matrícula en liña do curso 2024-2025 estará habilitado a partir das 10.00 h do mércores 26 de xuño ata o luns 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA PARA REALIZAR A MATRÍCULA:
1º e 2º ESO: foto carné (jpg), fotocopia DNI ou libro de familia, fotocopia tarxeta sanitaria.
3º e 4º ESO, 1º e 2º BACH: foto carné (jpg), fotocopia DNI ou libro de familia, fotocopia tarxeta sanitaria, xustificante de ingreso de seguro escolar.
OUTRA DOCUMENTACIÓN NECESARIA, SE FOR O CASO:
-Información importante sobre situacións de saúde.
-Custodia
-Informe para o Departamento de Orientación (NEAE etc.)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »