Avisos

Admisión a FP: curso 2024-2025

Toda a información premendo aquí

Falemos da ABAU

A Universidade da Coruña (UDC) elaborou uns vídeos explicativos, Falemos da ABAU, que poden ser de utilidade para o alumnado de 2º de Bacharelato que se vaia presentar ás probas da ABAU.

Parte I: Contexto da ABAU

Parte II: Proba de acceso

Parte III: Proceso de admisión

Bolsas para alumnado que curse estudos postobrigatorios

Está aberto o prazo para solicitar bolsa para os estudos postobrigatorios ata o 10 de maio, ás 15.00 horas.

A tramitación só é electrónica, a través de Internet: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076

Anuncio da convocatoria

Convocatoria xeral 2024-2025

Información e acceso á tramitación electrónica

 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

Resolución do 28 de febreiro de 2024

Competencia dixital do alumnado

 

 

Inscrición probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.

Para máis información prema na seguinte ligazón: ciclos grao medio.

 

Román Portela (4º ESO) gañador dun concurso de relatos

O día 19 de Novembro, no Centro tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), o noso alumno de 4º de ESO Román Portela Suárez, recibiu o 1º premio da categoría B do concurso de relatos de ciencia ficción convocado polo mesmo.

 


Distribuir contido