Votación sector familias (luns, 18 novembro)

Candidaturas

O luns, 18 de novembro, de 18.30 a 21.00 h, terán lugar as votacións para a eleccións dos representantes ao CE no sector das familias.

Para exercer o voto é imprescindible acreditar a identidade mediante o DNI ou documento análogo. 

O voto será directo, secreto e non delegable. Non se admite voto por correo.

Premio iberoamericano de arquitectura para o barrio de Coia

O proxecto titulado A vila do mañá, en que participa o IES Alexandre Bóveda, foi premiado na XIII edición de la Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo, na categoría de pedagoxía, entre un total de 879 proxectos.

Entrega das doazóns para València

O xoves, 14 de novembro, entregamos á Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (Federación Veciñal Eduardo Chao) as doazóns recadadas no evento solidario, que organizou e coordinou o alumnado do bacharelato de artes escénicas do IES Alexandre Bóveda. 

Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes ao IES para contribuírdes con esta iniciativa.

Entrega

 

Volve O Son da Noca, a radio do IES Alexandre Bóveda!

Nesta semana do Día Internacional do Patrimonio (16 novembro), a radio do IES Alexandre Bóveda, O Son da Noca, vén de publicar tres podcasts para comemorar esta data tan especial.

Descubrindo o Lagares (14/11/2024)
Xa está no aire "Descubrindo o Lagares", o novo podcast do Son da Noca.  Desta volta, o alumnado de 1º ESO C preséntanos un episodio centrado no coñecemento e posta en valor do patrimonio natural e cultural do río Lagares, principal curso de auga doce do Concello de Vigo; co que están traballando nesta avaliación da materia de Proxecto Competencial.

https://go.ivoox.com/rf/135912187

A casa do Alemparte 2: O Samaín en Galicia: Entrevistas con Rafa Quintía e Lidia Mariño (11/11/2024)
Desta volta, o alumnado de 1º BACH presenta e dirixe un programa centrado na data do Samaín ou Defuntos, que vén cheo de contidos, coma entrevistas con Rafa Quintía e Lidia Mariño, sección de música, lectura de microrrelatos de medo ou mesmo un "Dígocho Coia" especial Samaín.

https://go.ivoox.com/rf/135812750
 
O Titre: Tres pezas curtas de 3º ESO B (13/11/24)
Xa subiu o pano "O Titre", o podcast de teatro radiofónico do Son da Noca. Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO B tráenos tres obriñas curtas preparadas nas clases da materia de Proxecto Competencial, na que están traballando coa arte dramática nesta 1ª avaliación.

https://go.ivoox.com/rf/135924676
 

E que medre a radio na escola! Desde Coia, para o mundoo!
E Feliz Día Internacional do Patrimonio!!

Candidaturas CE 2024

Candidaturas (prazo de reclamación: 13 e 14 novembro, no IES)

Lembramos que o vindeiro 18 de novembro, de 18.30 a 21.00 h, terán lugar as votacións para a eleccións dos representantes ao CE no sector das familias.

Para exercer o voto ás eleccións ao CE é imprescindible acreditar a identidade mediante o DNI ou documento análogo. 

O voto será directo, secreto e non delegable. Non se admite voto por correo.

 

Encontro Comandos Igualdade

O luns, 18 de novembro, acolleremos no noso centro un encontro co Comando Activistas de Ourense. 

Arte solidaria

Este mércores, 13 de novembro, os estudantes do bacharelato de artes escénicas do IES Alexandre Bóveda imos organizar un pequeno evento solidario para recadar doazóns destinadas ás persoas afectadas pola DINA. O alumnado presentará distintos traballos escénicos. Se queres asistir como público, deberás traer unha doazón. En caso de que non queiras asistir, pero si participar, o punto de recollida estará dispoñible de 17.00 a 20.00 h no IES.

Produtos máis necesarios nestes días.

Contamos contigo?

 

 

 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar 2024

Lembramos que o prazo de presentación de candidaturas remata o luns 11 de novembro de 2024 (ás 18.00 h). Só se admitirán as candidaturas entregadas por rexistro na administración do IES (documento de candidatura). 

As votacións nos diferentes sectores celebraranse o luns 18 de novembro (de 18,30 a 21.00 h) para as familias, no despacho de Dirección; o martes 19 de novembro, para o alumnado, e o xoves 21 de novembro, para o profesorado.

O IES Alexandre Bóveda subcampión do V Certame Provincial de Regueifas

Na xornada de onte (8/11/24) celebrouse, nun ateigado Auditorio do CVC Valadares, a final do V Certame Provincial de Regueifas, ao que chegaron clasificados/das máis de 100 escolares da provincia, que foron escollidos dos obradoiros recibidos no último mes. Dos máis de 20 inscritos/as, só 10 Institutos chegaron á final, vidos de diferentes partes da provincia: Vigo (4), Mos, Chapela, Vila de Cruces, Ponteareas e Vilagarcía.
 
Así pois, o IES Alexandre Bóveda chegou a esta final clasificado polo meritorio traballo feito por 10 alumnos/as nos obradoiros previos: 3 persoas do curso de 3º ESO B (Sofía Molinero, Blanca Miguélez e Uxía Prado) e outras 7 do Club de Regueifa (Xiana González, Lucas Franco, Erea Iglesias, Noa Pena, Ángela Iglesias, Eloy Enríquez e Julia Rodríguez), e que participaron nas 10 primeiras quendas do certame.
 
No evento final celebrado o venres 8 de novembro, tras unhas excepcionais primeiras quendas, o Alexandre Bóveda acadou un fantástico resultado, pois conseguiu meter 
4 persoas entre as 20 semifinalistas: Sofía Molinero, Uxía Prado, Xiana González e Lucas Franco; polo que empatou co IES San Tomé no 1º posto do Certame, xa que tamén meteran 4 en semifinais. Finalmente, tras celebrase a quenda de semifinais e, ao non meter ningún representante na final a4, o Coia 2 quedou cun meritorio e merecido subcampionato. Despois da quenda de semifinais o resultado final foi:


1º posto: IES San Tomé de Vigo (4 semifinalistas + 1 finalista)
2º posto: IES Alexandre Bóveda de Vigo (4 semifinalistas)
3º posto: IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (3 semifinalistas)
 
En resumo, foi un día marabilloso no que 10 valentes do noso centro cantaron e improvisaron coplas na nosa lingua ante máis de 500 persoas, unha tarefa nada doada, e que souberon facer dunha maneira excepcional.

Parabéns para todo o alumnado participante e que medre a regueifa no IES Alexandre Bóveda!!

 

Distribuir contido