Convocatoria reunión Xunta de Delegados/as

Os delegados e delegadas, desde 1º ESO ata 2º BACH, estades convocadas a unha reunión que se celebrará o  vindeiro xoves, 24 de outubro, ás 10.25 h, no Salón de Actos. Falarase da convocatoria para escoller o/a representante dos delegados/as e das eleccións ao Consello Escolar. 

 

Entrega premio Atrévete a ter unha idea 23/24: "Zapas como novas"

O pasado 4 de outubro o IES Alexandre Bóveda recolleu, en Santiago de Compostela, o premio individual de Educación Secundaria “Atrévete a ter unha idea”, que lle foi concedido a alumna Violeta Rodríguez Fernández.

Como ela non puido estar presente no acto, realizamos a entrega do premio na súa aula, rodeada dos seus compañeiros e compañeiras. A profesora Loreto Raya, coordinadora do proxecto, fíxolle entrega do agasallo e despois toda a aula puido ver o vídeo en que Violeta explica a súa idea emprendedora.

Parabéns, Violeta!

 

Para ver o vídeo, prema na ligazón Zapas como novas.

Datas exames pendentes

No documento poden consultarse as datas dos exames de pendentes. 

 

Eleccións Consello Escolar 2024

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (OUTUBRO-NOVEMBRO, 2024)

REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR: Dirección, Xefatura, Secretaría (con voz e sen voto), profesorado, familias, ANPA, alumnado, Persoal de Administración e Servizos(PAS) e representante do Concello.

INTEGRANTES DA XUNTA ELECTORAL: Director/a, 1 profesor/a, 1 representante das familias, 1 representante de persoa de administración e servizos e 1 alumno/a de educación secundaria. Os catro últimos designados por sorteo público.

MESAS ELECTORAIS:

  • Profesorado: Director/a (presidente), profesor/a de maior idade, profesor/a de menor idade (actuará como secretario/a).

  • Familias: Director/a (presidente) e 4 representantes das familias elixidos/as por sorteo. Actuará como secretario/a o/a representante de menor idade entre os anteriores.

  • Alumnado: Director/a (presidente), 2 alumnos/as elixidos/as por sorteo. Actuará como secretario/a o/a alumno/a de menor idade entre os anteriores.

RESUMO DO CALENDARIO ELECTORAL

Sorteo público dos membros da Xunta Electoral: 18 de outubro, ás 12.20 h, na aula de 2º ESO D (P0-16).

Constitución da Xunta Electoral: Do 22 ao 28 de outubro (ambos incluídos).

Eleccións: Entre os días 18 e 22 de novembro (ambos incluídos). A xunta electoral establecerá o calendario de votacións.

NORMATIVA

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario.

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE PORTÁTILES

AMPLÍASE O PRAZO DE SOLICITUDE DE PORTÁTIL EN PRÉSTAMO PARA FAMILIAS CON RECURSOS LIMITADOS

Data límite de entrega: 16 DE OUTUBRO ás 14:00 h

Lugar : SECRETARÍA DO CENTRO

As peticións deberán facerse  a través do  FORMULARIO  que se achega e facendo a  súa entrega na SECRETARÍA DO CENTRO. O formulario en papel pódeno pedir os alumnos na secretaría do instituto ou ben descargalo desde a web.

SOLICITUDE DE ORDENADORES DE PRÉSTAMO - CURSO 2024-25

Co obxecto de paliar as posibles situacións de risco de fenda social dixital, o centro acordou poñer a disposición de familias con recursos limitados un ordenador portátil, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. 

 

Entre as peticións que  cheguen aplicaremos os criterios que manda o Consello da Xunta e terán prioridade as familias con difícil situación económica, que non dispoñan nos seus fogares de ordenador nin de conexión wifi. 

Os portátiles facilítanse como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar.

As peticións deberán facerse antes do 14 de outubro ás 14:00 h, a través do  FORMULARIO  que se achega e facendo a  súa entrega na SECRETARÍA DO CENTRO. O formulario en papel pódeno pedir os alumnos na secretaría do instituto ou ben descargalo desde a web.

Unha vez feita a selección, o centro poñerase en contacto coas familias para formalizar a entrega, con cita previa, e nos prazos marcados.

Só poderá acudir o/a responsable, pai, nai ou titor/a do alumno/a, e deberá asinar un documento de recepción e de responsabilidade ao recibir o portátil e un documento de compromiso para o aproveitamento académico.

 

Distribuir contido