|
Proxecto premiado no concurso Atrévete a ter unha idea 23/24: "Zapas como novas"
Entre os estudantes que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de recoñecer pola súa participación no concurso Atrévete a ter unha idea, enmarcado no plan Eduemprende, está a alumna Violeta Rodríguez Fernández, de 1º ESO A, autora de ZAPAS COMO NOVAS, unha das doce iniciativas de toda Galicia gañadoras do concurso Atrévete a ter unha idea na súa categoría, Secundaria individual.
O obxectivo deste programa é darlles a coñecer aos alumnos o tecido industrial da súa contorna e conseguir que desenvolvan competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento.
Parabéns, rapazada, pola participación no programa! Boa maneira de rematar o curso!
Se non consegue ver o vídeo, prema na ligazón Zapas como novas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Violeta Rodriguez Fernández 1ºESO A IES ALEXANDRE BÓVEDA.mp4 | 22.02 MB |