Taboleiro de anuncios

VOTACIÓN: REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

Non esquezas votar mañán polo representante do sector Alumnos/as o 24 de novembro de maneira presencial na Escola nas seguintes horas (Consulta a listaxe de candidatos/as).

  • 10.30 - 11.30 - Alumnos/as maiores de idade.
  • 17.00 - 18.00 - Alumnos/as maiores de idade.
  • 18.00 - 19.00 - Pais/nais e titores/as legais.

MATRÍCULA LIBRE 2021-22

Lembrade entrar nesta ligazón para formalizar a matrícula e non esquezades subir toda a documentación requirida á aplicación. O prazo remata o 10 de decembro.

Consulta os detalles do procedemento e o calendario de realización das probas libres.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021-22

Coa constitución da Xunta Electoral comezou o proceso electoral para a renovación parcial dos distintos sectores da comunidade educativa representados no Consello Escolar do centro. Consulte o calendario de actuacións.

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, a Xunta electoral deste Centro dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, sector de alumnos/as. Prema nesta ligazón para consultar os detalles do procedemento.

MATRÍCULA: CURSO 2021/22

Lea con atención as instrucións para realizar a matrícula en liña do curso 2021-22.

A partir do 18 de setembro preme aquí , accede coas túas credenciais e comproba se estás admitido/a. Lembra que para completar a matrícula terás que subir a documentación requirida á aplicación!

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA-CURSO 2022-23

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca con carácter gratuito os seguintes cursos no segundo cuadrimestre:

CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA EN LIÑA (LAG):

  • Nivel medio: do 6 de marzo ao 14 de maio de 2023
  • Duración: 75 horas

CURSOS PREPARATORIOS CERTIFICACIÓN (CELGA): 60 horas

As clases comezan a partir do 27 de febreiro segundo os días e horas de cada grupo:

  • CELGA 2: de febreiro a maio de 2023.
    • Luns, martes e venres de 09.00 a 11.00 horas.
  • CELGA 3: de febreiro a maio de 2023.
    • Martes, mércores e venres de 15.30 a 17.30 horas.
  • CELGA 4: de febreiro a maio de 2023.
    • Luns, martes e venres das 11.00 ás 13.00 horas.
    • Martes, mércores e venres das 17.30 ás 19.30 horas.

PRAZOS DE PREINSCRICIÓN:

  • Do 3 ata o 13 de xaneiro de 2023.

SOLICITUDES

As persoas interesadas realizarán a solicitude a través da aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega. 

ADMISIÓN DE SOLICITUDES E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Os sorteos para a asignación de prazas terán lugar na EOI de Santiago nos seguintes días:

  • Cursos segundo cuadrimestre: 16 de xaneiro ás 13.00 horas.

O alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para formalizar a súa matrícula subindo a documentación requirida nos seguintes prazos:

  • Cursos segundo cuadrimestre: ata o 20 de xaneiro

A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten e poderánselle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

  • Unha copia do DNI ou NIE (esta non será necesaria se a persoa xa foi alumna desa escola).
  • O xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar. (Só para os curso de Linguaxe Administrativa).
  • O certificado de discapacidade, de ser o caso.
  • Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución.

 Pode consultar a convocatoria premendo nesta ligazón.

 

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA

A Resolución do 02 de agosto de 2021 (DOG do 13 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos en liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Lea a información premendo na seguinte ligazón.

MATRÍCULA 2021-2022

  • PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA EN LIÑA: 
  • ATENCIÓN: A matrícula realizarase en liña desde a aplicación www.informaticacentros.com/xunta seguindo os pasos recollidos neste manual.
  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 de 9 a 14.00 horas.

Pagamento de taxas:

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

Formulario de autorización do uso da imaxe: alumnado adulto.

TEXTO COMPLETO -CIRCULAR DE MATRÍCULA

  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas de febreiro, xuño e setembro poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

CITA PREVIA: SECRETARÍA E THAT´S ENGLISH

A situación sanitaria require da utilización do servizo de cita previa para trámites presenciais na SECRETARÍA do centro que NON poidan ser realizados telemáticamente. Solicíte unha cita premendo aquí

SERVIZO DE CAFETARÍA

Lembra que o servizo de cafetaría está dispoñible na nosa Escola todo o día. Podes almorzar ou xantar antes ou despois das túas clases nun espazo seguro.

COMO ACCEDER A CENTROSNET

Prema neste titorial sobre cómo acceder á Plataforma Centrosnet para consultar as  notas e o expediente.

Distribuir contido