Consulte toda a información relativa ao procedemento de matrícula para o curso 2020-21 premendo nesta ligazón.
Os resultados das probas publicaranse en CentrosNet o día 14 de outubro (15 de outubro para o alumnado libre) ás 12.00.
Consulte aquí o calendario para a revisión das probas por idioma, nivel e curso.
O alumnado disporá dos tres días hábiles posteriores á publicación para presentar a súa reclamación, preferiblemente telemática, perante a dirección do centro no enderezo eoi.pontevedra@edu.xunta.gal. O formulario pode descargarse da sección web correspondente.
CONVOCATORIAS
PARTES DAS PROBAS
As diferentes partes das probas celebraránse en dúas datas:
NIVEL A2: Comprensión de textos escritos, produción, coprodución e mediación escrita, e comprensión de textos orais.
NIVEIS B1, B2, C1 e C2: Comprensión de textos escritos, produción e coprodución de textos escritos, mediación escrita e comprensión de textos orais.
Consulte aquí a data de comezo de cada parte segundo lle corresponda a quenda de mañá ou tarde.
NIVEL A2: Produción, coprodución e mediación oral.
NIVEIS B1, B2, C1 e C2: Produción e coprodución de textos orais, e mediación oral.
A parte oral pode ter lugar antes ou despois da parte escrita e o alumnado será convocado polo departamento/profesorado correspondente. No caso de idiomas que oferten máis dunha data para as probas orais o alumnado NON pode elixir. Xa que logo, cómpre que o alumnado consulte os chamamentos para as probas orais que publicarán os departamentos/profesorado na pestana superior da páxina para saber cando lle corresponde realizar a proba oral.
Primeira quincena do mes de outubro:
IMPORTANTE: Por mor do comunicado da Dirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e de Ensinanzas de Réxime Especial que informou sobre a imposibilidade de nomear o profesorado necesario para a adminstración de exames tal e como estaba prevista, a PROBA ORAL do NIVEL B2 de ALUMNADO OFICIAL INGLÉS celebrarase o 5 OUTUBRO ÁS 16.00.
Acceda aos espazos sen demoras, de maneira ordenada e mantendo a distancia de seguridade segundo as seguintes instrucións:
ALUMNADO LIBRE (inglés A2, B1, B2 e C1)
Parte Escrita: O alumnado será distribuído nas aulas por orde alfabética. Consulte a aula asignada na sección web de inglés.
Parte Oral: O alumnado será convocado no salón de actos en quendas escalonadas. Consulte os chamamentos na sección web de inglés.
ALUMNADO OFICIAL - TODOS OS IDIOMAS (inclúe CALC, CFP, CUALE e That´s English)
Parte Escrita: O alumnado acudirá ao salón de actos 15 min. antes do inicio da proba a realizar (agás galego, que debe consultar a sección web do departamento) Consulte aquí a hora de comezo das distintas partes da proba segundo a hora asignada de comezo do exame.
Parte Oral: O alumnado será convocado no salón de actos en quendas escalonadas. Consulte os chamamentos na sección web do idoma correspondente na ligazón superior da páxina.
En outubro terá lugar a convocatoria extraordinaria das probas de certificación do alumnado oficial, CALC, CUALE, cursos preparatorios de certificación e That´s English e tamén do alumnado libre de Galego B2 - C1 e de Inglés de todos os niveis (A2 - B1 - B2 - C1 - C2). Preme na bandeira correspondente para consultar as datas:
Consulte toda a información relativa ao desenvolvemento das probas de certificación da convocatoria ordinaria e de promoción da convocatoria extraordinaria para os meses de setembro e outubro. Lembre que as datas son inamovibles e que durante a realización das probas deberá respectar os protocolos de seguridade marcados pola crise sanitaria. Moita sorte a todos os candidatos e candidatas!
Á continuación presentamos o calendario de probas de certificación dos niveis Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 (convocatorias ordinaria e extraordinaria) publicado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O calendario das probas de certificación de Básico A2 e Intermedio B1 (convocatoria ordinaria) e o das probas dos cursos de promoción (A1, B1.1, B2.1 e C1.1) (convocatoria extraordinaria) serán publicados en breve.