Se precisas mudar de horario ou hora de clase, consulta toda a información sobre os cambios de grupo para o presente curso escolar aquí e non perdas a túa oportunidade de conciliar os estudos na EOI coa túa rutina diaria!
Non esquezas o horario do centro se tes que entregar a túa solicitude en papel.
Eres novo na EOI? Agora que formas parte da nosa comunidade, gostaríache saber moito máis sobre a escola? Non te perdas o noso acto de acolllida para o novo alumnado. En quendas de mañá ou tarde, o vindeiro 30 de setembro. Agardámoste!
Consulte na aplicación se foi admitido/a nos cursos Celga do primeiro cuadrimestre. Máis información na sección do departamento de galego.
ATENCIÓN! Se tes coñecementos previos de inglés, e che interesa o ensino a distancia, That´s English é o teu programa. Matricúlate na proba de nivel (Proba Vía) que terá lugar o vindeiro 15 de outubro.
Prazo de matrícula aberta ata o 31 de outubro: desfruta do 50% de desconto para funcionarios/desempregados maiores de 52 anos. Sen horarios e con material en liña!Consulta a súa páxina.
Se tes obtido praza no sorteo para a selección do alumnado a través da preinscrición en liña, non esquezas facer a túa reserva aquí. A túa matrícula validarase unha vez entregues a documentación requerida na secretaría da EOI. Parabéns aos afortunados! Se non houbo sorte, podes esperar á nova adxudicación de vacantes que sairá pública na nosa web unha vez rematado o prazo de matrícula de setembro.
Pide axuda económica para estudar nas EOIs. Prazo aberto ata o 1 de outubro.
Queres seguir a estudar na nosa Escola? Consulta a información premendo nas ligazóns e non perdas a túa praza.
- Preinscrición curso 19-20: do 2 ao 16 de setembro
- Matrícula curso 19-20: do 2 ao 27 de setembro (Consulta os distintos prazos aquí)
Queres estudar un idioma na nosa Escola? Velaquí tes toda a información necesaria para reservar a túa praza para o curso 2020/21.
Lembra que por seguridade cómpre realizar os trámites relativos á matrícula de xeito telemático enviando a documentación requirida ao enderezo matricula.eoipontevedra@gmail.com. De non poder facelo, podes pedir cita previa na nosa web.
Teléfonos de atención: 886 159 116 e 886 159 119 de 9.00 a 13.30 horas.
Informamos a toda a comunidade educativa de que a Escola permacecerá aberta en horario reducido (de 10.00 a 13.00 horas) os días 15,16 17 e 22 de abril. O centro estará pechado o xoves 18 de abril e venres 19 de abril. A actividade lectiva retómase o vindeiro 23 de abril.
CALENDARIO
Premendo na bandeira do idioma correspondente poderás consultar as datas das probas ESCRITAS e ORAIS de CERTIFICACIÓN que terán lugar durante o mes de XUÑO de 2019.
As datas das probas son INAMOVIBLES. No caso de idiomas que oferten máis dunha data para as probas orais o alumnado NON pode elixir. IMPORTANTE: Consulta os chamamentos para as probas orais que publicarán os departamentos na pestana superior da páxina para saber cando che corresponde realizar a proba oral.
O alumnado deberá presentarse no salón de actos da escola polo menos 10 minutos antes da realización das probas en espera do seu chamamento e da asignación da aula correspondente.
DOCUMENTACIÓN
Podes tamén consultar modelos de exames que facilitan as diferentes comunidades autónomas, a título orientativo, por idioma e nivel no seguinte mapa: