O Departamento de Portugués organiza unha viaxe a Braga o vindeiro sábado 30 de novembro. Se aínda non viaxaches con eles/as nunca viaxaches realmente! Non perdas esta oportunidade. Apúntate na conserxaría.
Ábrese o prazo de solicitudes para os cursos de galego CELGA e LAG (linguaxe administrativa en liña) que se desenvolverán no 2º cuadrimestre. Consulta todos os detalles nesta ligazón.
Informámosvos de que está en marcha o proceso de renovación do Consello Escolar. Preme na ligazón para consultar o calendario e as actuacións previstas.
- Persoal de administración e servizos: 20 novembro das 10.00 ás 10.30 horas.
- Sector de alumnos/as: 20 novembro das 10.30 ás 11.00 horas e das 18.30 ás 19.00 horas.
- Sector de profesores e profesoras: 20 de novembro ás 11.15 horas.
Informamos de que se abre o prazo de licitación de varias cafetarías, incluída a da EOI de Pontevedra ata o vindeiro 26 de novembro ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden consultar os seguintes documentos:
Aínda estás a tempo de matricularte: aprende inglés ao teu ritmo desde a casa ou calquera outro lugar que desexes co Programa That´s English! O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 8 de novembro. Máis información.
Queres estudar unha lingua sen a presión do exame e nun curso de só 60 horas? Bota unha ollada á nosa oferta de cursos monográficos para o vindeiro ano académico 24-25.
Podes matricularte na secretaría da Escola antes do 20 setembro:
INGLÉS:
PORTUGUÉS:
Non esquezas achegar a seguinte documentación:
ALEMÁN:
Alemán para a mobilidade laboral e o estudantado.
Alumnado apto na convocatoria ordinaria ou apto/non apto/non presentado na convocatoria extraordinaria:
Alumnado novo: Persoas con renuncia de matrícula e novos accesos. Consulte aquí os pasos a seguir.
O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC e CUALE na EOI Pontevedra que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando deberá matricularse nesta ligazón do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos días incluídos).
Consulta os requerimentos nesta ligazón.
Anímaste a coñecer mellor as rúas de Pontevedra da man dunha guía experta? Anótate (ata o 1 marzo) escribindo ao enderezo edlg@eoipontevedra.org. Cómpre acadarmos un número mínimo de participantes para poder realizar. a actividade! O roteiro sairá o vindeiro venres 8 de marzo ás 11.30 horas da Praza da Ferrería. Acompáñanos a percorrer as rúas da nosa vila e descubre as hostorias destas mulleres senlleiras!