Descrición da proba
A proba de clasificación ten carácter voluntario e serve para ubicar ás persoas que a realizan no curso que lles corresponde segundo os coñecementos demostrados. Prema aquí para consultar os detalles e condicións xerais da proba.
Datas da proba
- Consulta o calendario de probas, que terán lugar os días 3 e 4 de setembro na EOI e as súas seccións.
- As notas publicaranse o día 9 de setembro ás 12.00 horas. Unha vez publicados os resultados poderá matricularse no curso que lle corresponde.
Cando me podo matricular?
- O prazo estará aberto do 4 de xullo ao 30 de agosto.
Quen se pode matricular?
- As persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
- Requisito de idade: ter 16 anos cumpridos se o idioma do que se examina é o mesmo que o cursado na ESO ou 14 se é un idioma diferente (ou ben cumprilos antes do 31 de decembro de 2024)
- As persoas que non estiveran matriculadas en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao actual.
Documentación:
- Solicitude: descargar e imprimir o formulario en formato editable.
- Taxas: Consulta as instruccións de pagamento telemático. Tamén podes realizar o pagamento nunha entidade bancaria descargando o modelo A1 (Ligazóns asociadas- Modelo A1- Iniciar taxa- cadeado azul- Descargar modelo).
Presentación:
As persoas interesadas deberán enviar o impreso cuberto, o resgardo de pagamento das taxas e unha copia do DNI (NIE ou pasaporte) no enderezo matricula@eoipontevedra.org.
- Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119
Vixencia:
Os resultados da proba terán unha validez de dous cursos académicos en calquera das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.