Probas dirixidas á obtención de títulos oficiais.
DOCUMENTACIÓN:
ATENCIÓN! A partir do curso 20/21 a extensión dos textos de mediación escrita será a seguinte: Niveis B1 e B2: 60-80 palabras e Niveis C1 e C2: 80-100 palabras. Consulte a orde e os tempos das probas nas guías de cada nivel:
AVALIACIÓN:
MODALIDADE LIBRE: As probas correspondentes á modalidade libre terán lugar no mes de xuño. O prazo de matrícula abrirase con antelación e publicaranse os detalles do procedemento no taboleiro principal
MODALIDADE OFICIAL:
O alumnado que se matriculou por oficial nos niveis A2 / B1 / B1.2 / B2.2 / C1.2 / C2 terá dereito ás convocatorias ordinaria e extraordinaria de xuño e non terá que realizar ningún trámite de matrícula para estas probas.
MODALIDADE A DISTANCIA (THAT'S ENGLISH!):
Este alumnado non terá que realizar ningún trámite para acceder ás probas de certificación e terá dereito ás convocatorias ordinaria e á extraordinaria.
MODALIDADE CALC:
O alumnado CALC que desexe certificar o nivel que estea a cursar, deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido na circular correspondente á convocatoria en curso, indicando o idioma e nivel do curso CALC que está a cursar.
Este alumnado terá dereito ás convocatorias ordinaria e extraordinaria.