Xa está dispoñible a programación didáctica do departamento de galego para o curso 2024-2025. Preme nesta ligazón.
Ábrese o prazo de solicitudes para os cursos de galego CELGA e LAG (linguaxe administrativa en liña) que se desenvolverán no 2º cuadrimestre. Consulta todos os detalles nesta ligazón.
CURSOS EN LIÑA LAG
CURSOS CELGA
Os CELGA do segundo cuadrimestre comezan en febreiro:
Na escola xa estamos totalmente inmersas/os no espírito do outono e xa logo chega o Samaín e o Día de Defuntos.
O mércores, 23 de outubro, ás 18:30 h xuntarémonos na cafetería da EOI para tallar cabazas. Podes traer a túa e levala despois decorada ou practicar con algunha das que proporcionará o departamento de galego.
Ven pasar unha tarde de creatividade, diversión e conversa en galego connosco!
A Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG do 26 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos en liña de linguaxe administrativa galega para o persoal funcionario (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA).
O prazo de solicitudes estará aberto do 1 ao 12 de xullo e farase en liña a través da aplicación www.eoidigital.com/preinslinguagalega
Consulta toda a información premendo nesta ligazón.
CURSOS EN LIÑA LAG
Durante o ano académico 2024/2025 impartiranse os seguintes cursos de linguaxe administrativa:
CURSOS CELGA
Os CELGA do primeiro cuadrimestre comezan a partir do 16 de setembro no seu horario correspondente: