É posible acceder a cursos superiores ao inicial facendo valer un título ou certificado emitido por outra institución. As acreditacións de idioma e titulacións académicas aceptadas están recollidas na Orde do 21 de xuño de 2016. Consulte as certificacións aceptadas para alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Consulte os accesos directos aceptados para galego e español para estranxeiros.
Ademáis, a norma permite que o alumnado que superou o Bacharelato poida acceder de xeito directo ao curso Intermedio-B1 do idioma que cursou como 1ª lingua estranxeira na ensinanza secundaria (sen que isto supoña un recoñecemento dos niveis anteriores).
Se opta por esta vía de acceso debe saber que:
- o acceso directo é unha opción que fai valer o alumnado; isto quere dicir que non é posible modificar a matrícula se, unha vez comezado o curso, o nivel real do alumno/a non se corresponde co do curso no que se matriculou. Antes de facer valer o acceso directo recoméndase informarse sobre os distintos niveis (aquí ten unhas táboas orientativas de autoavaliación);
- se non estás seguro do nivel sempre podes optar por facer a proba de clasificación
- para facer valer un acceso directo por titulación abonda con que, xunto coa documentación de matrícula, se presente o orixinal e copia do título ou certificado que acredite un coñecemento previo do idioma de interese (o libro de escolaridade ou un certificado do IES no caso de acceso directo por desde Bacharelato);
- o acceso é exclusivamente para o curso estipulado; non é posible acceder a un curso inferior