Formación familias

O CFR de Vigo invita ás familias a participar nas seguintes sesións formativas:

-      Claves para unha convivencia positiva  con Pedro Uruñuela Nájera no  IES A Guía O día 28 de novembro de 2018 en horario de 17:00 a 20:00

-       Dificultades na aprendizaxe da lecto-escritura. Alumnado

con dislexia con Luz Rello no  IES A Guía o día 4 de decembro

de 2018 en horario de 18:00 a 19:30

 

Para asistir a ditas sesións poden inscribirse a traavés do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

Guía de lectura curso 2018/19

Un ano máis, compartimos a selección de libros en lingua galega elaborada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo para a etapa de Educación Infantil.

Agardamos que vos sexa de utilidade e sacar algunha idea para os regalos de Nadal, que xa está á volta da esquina! :)

Renovación do patio da escola

Este curso, o patio da nosa escola está case irrecoñecible!

Comezamos o curso cunha grata sorpresa por parte da Comunidade de Montes de Moaña, que tanto nos coidan: a instalación no patio duns troncos para que os nenos xoguen, deixen voar a súa imaxinación experimentando coas diferentes posibilidades e desenvolvan a súa motricidade, coordinación e equilibrio.

Igual que fan sempre, os traballadores do Concello no dubidaron en poñerse mans á obra cando lles pedimos un diseño un tanto peculiar. O resultado é espectacular,  os nenos e nenas están encantados!

  

Outra novidade son os xogos que a ANPA do cole pintou no patio, parece outro! Cheo de cor e de posibilidades para que os nenos e nenas xoguen e desenvolvan as súas destrezas motrices. Hai de todo: laberintos, circuítos, xogos tradicionais como as 4 esquinas ou a mariola, e ata un xogo que lles permite traballar en espello copiando os movementos do que dirixe.

Exposición de cogomelos na EEI de Verducedo

 


Xa chegou o outono á Escola de Verducedo!! Para celebralo podedes visitar a exposición de cogomelos que teremos no centro ata o venres 16 de novembro. Gracias a Juan e Mari Carmen, temos a oportunidade de coñecer unha amplísima variedade de cogomelos. Os nenos e nenas xa saben cales son aptos para cociñar, agora tócavos a vos.

Non perdades a oportunidade de visitar esta exposición ÚNICA!

 

Atención Urxencias Sanitarias FAMILIAS

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
 
Esta formación  desenvolverase no IES Politécnico de Vigo (Torrecedira, 88  C.P. 36208, Vigo ) os días 12, 19 e 26 de novembro en horario de 16:30 a 19:30.
 
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 7 de novembro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.
 

Premio ó Labor Socio-cultural

Onte comezamos o novo curso escolar cunha gran ledicia: recollendo o premio que nos outorgou a Asociación de Veciños de Berducedo e O Piñeiro ó labor socio-cultural e medioambiental.

Co impulso que nos da este novo recoñecemento afrontamos o ano que está por vir.

Pódese consultar a noticia ao completo no seguinte enlace:

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/09/03/escuela-berducedo-cosecha-premios/1954884.html

Calendario escolar curso 2018/2019

 

Podedes acceder á información completa na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2018/2019

AVISO IMPORTANTE


 O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación do 20 ao 30 de xuño:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinación.

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

- Fotocopia do libro de familia.

- De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto).

- De ser o caso, solicitude de uso do comedor (documento adxunto) e modelo de autodeclaración (documento adxunto).

 

Distribuir contido

Back to top