24 de febreiro - Día de Rosalía

“Es feliz el que soñando, muere. Desgraciado el que muera sin soñar.” 

ROSALÍA DE CASTRO

 

Campaña recollida roupa e calzado

Este ano queremos unirnos á campaña de recollida de roupa e calzado de Mariola Solidaria, que colabora con Global Humaitaria e os seus proxectos solidarios na India.

Tendes ata o 12 de marzo para facer acopio daquelas prendas que xa non vaiades a utilizar e poidan ser útiles a outras familias.

Animádevos a participar!

CARANVEXORNAL

Xa está aquí a primeira edición do CARANVEXORNAL da nosa escola!!

Levamos meses traballando nel, gravando infinidade de contidos que pensamos poden ser interesantes para incluír neste noticiario tan especial.

Tiñamos tantos minutos de gravación que tivemos que facer unha pequena escolma, e as reportaxes finalmente seleccionadas foron as seguintes:

1. Obradoiros internivelares: un día á semana, mesturamos aos nenos de 3, 4 e 5 anos para facer os seguintes obradoiros:

Artisteando (Obradoiro de Arte)

RRR  (Obradoiro de Reciclaxe)

ExperiMente  (Obradoiro de Experimentos)

Plantas plantas? (Obradoiro de Horta)

Día da Paz

Por segundo ano consecutivo, as dúas escolas de Educación Infantil de Moaña celebramos o Día da Paz xuntas. Como xa ven sendo tradición, a EEI de Verducedo recibiu uns convidados moi especiais: as nenas e nenos da EEI O Con!

Pasamos xuntos unha mañá chea de ledicia, agarimo e moita diversión. Desfrutamos compartindo esta xornada na que os rapaces aprenderon de primeira man os seguintes valores:

Convivencia

Ilusión por compartir

Amizade

Respecto

Moitísimas gracias ás mestras do Con e a tódolos nenos e nenas por facer desta xornada un dos mellores recordos que nos quedarán deste ano. Vémonos en abril! J

 

21 Días en Galego

Dende hoxe, 1 de febreiro, e ata o día 21 deste mes, o Concello de Moaña lanza un reto a toda a veciñanza e a toda a comunidade educativa: FALAR EN GALEGO 24H Ó DÍA.

Temos unha lingua cargada de historia, pero tamén cargada de futuro.

É o mellor tesouro que podemos legar ás vindeiras xeracións.

Dende a EEI de Verducedo queremos unirnos a esta iniciativa, que comece o reto!

RESERVA DE PRAZA CURSO 2019/20

Para solicitar a reserva de praza para o curso 2019/2020 nos centros de adscrición CEIP de Reibón e CEIP de Seara o prazo será do 1 ao 15 de febreiro de 2019.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva en papel (ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación admisionalumnado, no menú

Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaMensaxe.action?mensaxe=comun.mensaxe.logout

Xa está aquí CaranveXornal!

Hoxe, 10 de xaneiro de 2019, arranca CaranveXornal, non perdades a vosa cita semanal co telexornal moañés máis especial, realizado polos escolares e profesorado dos centros educativos públicos de Moaña!

 

http://caranvexo.gal/index.php/caranvexornal

Uso redes sociais - FORMACIÓN FAMILIAS

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:

Claves para un bo uso das redes socias no IES A Guía, o día 13 de decembro de 2018 en horario de 17:00 a 20:00

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

 

 

Distribuir contido

Back to top