RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/21

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2020/2021 será do 1 ao 17 de febreiro de 2020.

Lembrar que aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI de Verducedo son o CEIP de Reibón e o CEIP de Seara.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores - ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación admisionalumnado, no menú

Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action

Esta solicitude deberase presentar na escola de Verducedo ou en calquera das administracións públicas competentes, incluíndo a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará ter a Chave365 ou o certificado dixital.

 

 

A educación moañesa pasa por Canadá

Hoxe queremos compartir un artigo que sae publicado no Faro de Vigo sobre o programa de formación no que participou a nosa especialista de inglés no mes de novembro. Premendo na imaxe podedes acceder á noticia:

Campaña 21 DÍAS EN GALEGO

Estimadas familias e comunidade escolar,  

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola queremos informarvos da campaña "21 DÍAS EN GALEGO" que imos iniciar hoxe, día 27 de xaneiro.

É unha campaña de promoción do uso da nosa lingua que vai levar a cabo o Concello de Moaña. Nela participaremos tódolos centros educativos do Concello, e abranguerá do 27 de xaneiro ao 16 de febreiro.

Durante estes vinte e un días o alumnado deberá tentar falar en galego, tanto no colexio como fóra do ámbito escolar. E sería para o noso alumnado moi motivador se na xasa tentasen seguir con eles/as a nosa campaña, empregando tamén as familias o galego nestes ámbitos máis coloquiais.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia en lingua galega que o profesorado estamos a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma.

Que VANTAXES poderían obterse ao participar nesta campaña?

CHARLA COEDUCACIÓN

Estimadas familias, o vindeiro martes 4 de febreiro estades convidadas a unha charla sobre Coeducación no noso centro.

A encargada de impartila será Aida Lortiz, de Educaflash. Aida explicaranos os beneficios de coeducar aos nosos fillxs e claves para facelo, con consellos e unha proposta de actividades.

A charla será ás 16h na sala de psicomotricidade da escola e terá unha duración aproximada de dúas horas.

Contamos con todos e todas vós!

http://educaflash.com/

https://www.instagram.com/aidalorti.educaflash/

Transporte integrado

Informamos de que dende o 1 de xaneiro do 2020 a ruta de transporte escolar da escola de Verducedo queda integrada dentro do Plan Galego de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada.

Isto significa que o itinerario de transporte escolar pasará a formar parte dos novos contratos de transporte compartido con usuarios de transporte regular.

Darase servizo de xeito prioritario aos escolares. Se restasen prazas sobrantes no autobús, poderían ser utilizadas por viaxeiros do transporte regular.

As rutas de subida e de baixada ao centro seguirán sendo as mesmas.

Formación en Canadá

O pasado mes de novembro, a especialista de inglés do noso cole viaxou a Canadá para formar parte dun programa de formación da Consellería de Educación, o PIALE: Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras. Na web da Consellería tedes toda a información referente ao programa.

A continuación deixamos un pequeno vídeo que resume a experiencia:

CANAL JOVEN - Agencia Española de Protección de Datos

Informamos ás familias do centro sobre a posta en marcha do Canal Joven, unha iniciativa da Agencia Española de Protección de Datos que conta co respaldo do Goberno, e que consiste nunha canle onde comunicar a difusión ilícita de contidos sensibles en internet e solicitar a súa retirada.

A canle ten como obxectivo ofrecer unha resposta rápida en situacións excepcionalmente delicadas, como aquelas que inclúen a difusión de contido sexual ou violento.

Estase levando a cabo unha campaña de difusión da canle en centros educativos, xa que pode ser especialmente útil no ámbito da comunidade educativa: centros, alumnado, profesorado e familias. Trátase de dar a coñecer aos destinatarios que existe unha nova vía de axuda en caso de difusión deste tipo de contidos en internet.

Adxuntamos un documento con respostas a Preguntas Frecuentes sobre a finalidade e o funcionamento da canle, e outro cunha infografía que detalla cómo comunicar á Axencia a difusión deste tipo de contidos para que poda tomar medidas urxentes que limiten a difusión dos mesmos.  

Distribuir contido

Back to top