CARANVEXORNAL - 2ª edición

Xa está aquí a segunda edición do Caranvexornal da EEI de Verducedo! Nel incluímos reportaxes sobre:

- 21 días en galego e o noso abecedario do bosque encantado.
- A celebración do entroido disfrazados de duendes e fadas.
- As saídas e visitas que fixemos dende febreiro.
- A construción do noso xardín vertical.
- As nosas mascotas de aula: vermes de seda!
- Tomas falsas: un pequeno atisbo do ben que o pasamos gravando para Caranvexo TV.

Esperamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós.

Para o ano que ven, máis e mellor!! 

XV Xornadas de Nais e Pais

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

Contaremos cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

 

Esta actividade formativa celebrarase na seguinte data:

Formación familias

CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa, impartida por José Ramón Gamo: Neurodidáctica: aplicación da neurociencia á educación que se vai celebrar no IES A Guía, o día 13 de maio de 2019 en horario de 17:00 a 19:00

 

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

CORRELINGUA 2019

 Premendo na imaxe poderedes acceder a toda a información sobre a edición deste ano.

Distribuir contido

Back to top