Adiamento da renovación de Consellos Escolares
Informamos de que a Consellería ven de publicar a resolución do 22 de outubro de 2020, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos Consellos Escolares, debido ao empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia da COVID-19.
Así pois, as datas que establecera a Xunta Electoral quedan canceladas á espera de recibir novas instrucións.
No seguinte enlace podedes atopar toda a información:
Eleccións de membros dos Consellos Escolares
Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.
Este curso toca renovar:
- 1 representante de pais/nais.
- 1 representante das mestras.
Datas marcadas pola Xunta Electoral, de interese para as familias, que poderedes votar ao representante de nais/pais:
Calendario escolar curso 2020/2021
Adxunto ao final desta entrada atoparedes o calendario escolar para o presente curso 2020/2021.
Aos festivos que figuran nel, hai que engadir o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña) e o 19 de marzo (San Xosé).
Así mesmo, tódolos centros educativos de Moaña solicitamos o 30 de abril como día non lectivo.
No seguinte enlace podedes acceder a toda a información na web da Consellería de Educación:
http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31489
Volta ao cole
Non é a volta ao cole que nos imaxinamos, nin por suposto a que os nenos e nenas merecen, pero faremos todo o que estea nas nosas mans para que sexa a volta máis feliz e segura posible.
Xuntos conseguirémolo!
INICIO CURSO ESCOLAR 2020/2021
Queridas familias,
A vindeira semana dará comezo o curso escolar para o alumnado da nosa escola.
Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020, 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos respectivamente) comezarán o xoves 10 de setembro, e o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) comezarán o venres 11 de setembro.
O luns 7 de setembro levaremos a cabo as reunións informativas de inicio de curso nos seguintes horarios:
5 anos: 16h, aula de psicomotricidade.
4 anos: 16h, exterior do centro.
3 anos: 17h, exterior do centro.
Pregamos puntualidade e que acuda un só adulto por cada neno/a.
Anexado a esta publicación, inclúense o Plan de Acollida, o Plan de Adaptación á situación COVID para o curso 2020/2021 e o Plan de Continxencia da nosa escola para o coñecemento de toda a comunidade educativa.
MATRÍCULA CURSO 2020/2021
O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación:
- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).
- 2 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Certificado médico (onde se especifique que ten a cartilla de vacinas ao día).
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia DNI dos proxenitores.
- De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto).
Fin de Curso
Por incríble que pareza, chegamos ao último día deste curso tan estrano.
A situación que nos tocou vivir non foi fácil para ninguén, por iso queremos darvos as gracias, familias: a vosa boa disposición, colaboración e cariño fixo o noso traballo un pouco máis doado.
E que dicir dos nosos peques... se merecen o aplauso máis grande do mundo! As profes estamos orgullosísimas deles.
Compartimos con vós este vídeo de fin de curso. Non sustitúe a unha despedida en persoa, pero agardamos que vos faga sentir todo o noso cariño.
Unha aperta xigante e moi feliz verán ☀️
Listaxe provisional admitidos
Informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o curso 2020/2021 foi admitido. Podedes consultar o listado completo no taboleiro da escola.
Lembramos que a formalización da matrícula será entre o 1 e o 10 de xullo, ambos incluídos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »