MATRÍCULA CURSO 2020/2021

 O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Certificado médico (onde se especifique que ten a cartilla de vacinas ao día).

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

- De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto).

- De ser o caso, solicitude de uso do comedor (documento adxunto), modelo de autodeclaración (documento adxunto), xustificante/volante de empadronamento e documento acreditativo de que AMBOS proxenitores ou titores legais teñen un horario laboral incompatible coa saída do seu fillo/a: na certificación debidamente expedida polo organismo laboral competente deberá figurar a duración da xornada e o horario de traballo. De ser o caso, certificado de discapacidade e carné de familia numerosa.

 

O prazo será do 1 AO 10 DE XULLO. En breve vos chamaremos para convocarvos á reunión que teremos para alumnado de novo ingreso o 1 de xullo ás 12:00h.

AnexoTamaño
Formalización Anexo III.pdf40.53 KB
solicitude_transporte.pdf158.82 KB
solicitude_comedor.pdf174.67 KB
anexo autodeclaración.pdf187.74 KB

Back to top