Volta ó cole

Estamos de volta!

Xa non queda nada para que comecen as clases, será o mércores 11 de setembro. O Plan Madruga e os servizos de transporte e comedor funcionarán dende ese día con normalidade.

Só os máis cativos, os nenos e nenas da clase de 3 anos, terán que esperar a rematar o período de adaptación para poder facer uso destes servizos.

Recordade que as actividades extraescolares non comezan ata outubro.

A reunión informativa de comezo de curso será o martes 17 ás 17:15h para o alumnado de 4 e 5 anos. O alumnado de 3 anos terá a reunión coa súa titora o luns día 10 ás 12:30h.

Calendario escolar curso 2019/2020

 Xa temos o calendario escolar para o vindeiro curso 2019/2020. Faltan por agregar un día festivo correspondente ao festivo local, que se decidirá ao longo de mes de setembro.

Premendo na imaxe podedes acceder a toda a información na web da Consellería de Educación.

Formalización Matrícula curso 2019/2020

AVISO IMPORTANTE


 O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación do 20 ao 30 de xuño:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Certificado médico (onde se especifique que ten a cartilla de vacinas ao día).

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

- De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto).

- De ser o caso, solicitude de uso do comedor (documento adxunto) e modelo de autodeclaración (documento adxunto).

 

Operación Can - EEI O Con

Onte, na EEI do Con celebraron unha merenda solidaria en colaboración coa Protectora de Animais de Moaña.

Recadaron as aportacións dos asistentes, que consistiron en un montón de comida deliciosa para os cadelos que viven na Protectora!

As profes de Verducedo tamén quixemos aportar o noso graniño de area a esta gran iniciativa.

Noraboa a toda comunidade educativa do Con pola OPERACIÓN CAN!

Campamento de Verán

Para rapaces de 3 a 12 anos, no CEIP de Seara.

De luns a venres, xullo e agosto.

Prazo de inscripción ata o 11 de XUÑO.

Distribuir contido

Back to top